Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

ĂQUA

ĂQUA

Latino
Hidronimia

Do latín ăqua (Gaffiot, pp.172-174), con orixe no indoeuropeo akʷā (IEW, pp. 23-25), proveñen o galego auga (dialectal agua, augua), o portugués água, o asturiano e o castelán agua, o leonés e o aragonés augua e o catalán aigua. O resultado agua do castelán, do asturiano e do galego occidental (cf. EQUA> egua) supoñen a evolución esperada nestas linguas. No galego común auga produciuse unha metátese do wau do grupo <gu>, e unha propagación regresiva deste no augua do galego, do leonés e do aragonés. Sobre as hipóteses para o catalán aigua, véxase Nieto_2012.

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

Luz Méndez:
" ĂQUA ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 15/04/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Gallego o portugués

Pontevedra
Agolada

Castelán

Burgos
Ruyales del Agua
Burgos
Aguas Cándidas
Soria
Aguaviva de la Vega
Sevilla
Aguadulce
Burgos
Paúles del Agua
Jaén
Aguadux

Catalán

Barcelona
Igualada

Topónimos derivados

-ŎLA, -ŎLU

Segovia
Castelán
Riahuelas
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-