Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Tordoia

Tordoia

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

*TŬRDOIA
Prerromano
Hidronimia

Resumo xeral

É probablemente un hidrónimo prerromano derivado da raíz indoeuropea *ter- 'frotar', 'perforar' (IEW, pp. 1071-1074)

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello de Tordoia constituíuse en 1838 e recibiu o nome da parroquia onde tivo a súa sede, pero non existe ningún núcleo con esta denominación. Na actualidade a capital municipal está na localidade chamada A Pontepedra, na parroquia de Cabaleiros. A grafía con <y> é medieval, pero persistiu no tempo por castelanización gráfica do topónimo, que se restituíu a Tordoia, seguindo a ortografía actual do galego.

Información específica de étimo para este topónimo

BascuasHidron_2006​​​​​ (§127.2) desbota a hipótese previa doutros autores que crían que o topónimo era un composto TURODO-BRIGA 'a cidade dos Turodos', porque presenta problemas fonéticos na evolución etimolóxica e propón un étimo *TŬRDOIA.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "... meam porcionem de Lestrove et de Turduya et de Trasrin..." 1240 (TToxosOutos)
  • "Sancto Iohanne de Tordoya" 1242 (CDSMPinario)

 

Moderna

  • "... Juan de Cobas, clérigo del servicio de San Juan de Tordoya..." 1519 AHUS
  • "Comprobación y resumen de San Juan de Tordoya" 1761 CCME

Cognados e topónimos relacionados

Considérase que teñen a mesma base prerromana os topónimos galegos Tórdea e Turza.

Luz Méndez:  "Tordoia", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Data: 16/11/2023
1737
no-portugues

Coordenades:-8.552663 43.088435

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
toɾˈðoja̝
Audio
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
Tordoia (3.192)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

tordoiense

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Gómez, Lidia e Méndez, Luz (2021): Toponimia de Tordoia. Col. Terra Nomeada. A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica [https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/386]

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-