Satrexas
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo
Resumo xeral
Composto de SEPTE ECLESIAS.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
Parroquia e lugar do concello de Monterroso. O núcleo hoxe é continuación da capital municipal. Hai restos dunha vila romana e dun castro.
No NG (2003) restituíse a forma oral, Satrexas, en substitución de Siete Iglesias, forma castelanizada dos nomenclátores anteriores.
Información específica de étimo para este topónimo
A evolución a partir de SEPTE ECLESIAS sufriu un forte desgaste fonético, posto que a individual do segundo compoñente é eirexe/eirexa. O número sete posiblemente fai referencia a un número impreciso, non necesariamente exacto: cf. Zanfoga (< CENTU FOCA).
Documentación histórica
Antiga e medieval
- "villa que vocitant Nuvellua in territorio Septem Eglesias" 939 CDFPallares
- "villam quam vocitant Sampyri territorio Septem Ecclesiarum, subtus Monteroso" 1022 TASantiago
- "hereditatem de VII ecclesiis de Casa Nova" 1260 CDVilarDonas
- "Sancta Eufemea de Sete Iglesias" 1324 CDOseira
Moderna
- "Feligresía de Santa Eufemia de Siete Yglesias" 1752 CME, Libro persoal de leigos.
- "SIETE-IGLESIAS. l. en la prov. de Lugo, ayunt. de Monterroso y felig. de Sta. Eufemia de Siete-Iglesias. Pobl.: 9 vec., 46 almas.
- SIETE-IGLESIAS (Santa Eufemia de). felig. en la prov. y dióc. de Lugo ... Pobl.: 44 vec., 58 almas" 1849 DicMadoz vol. 14, p. 387-388.
Cognados e topónimos relacionados
Outros topónimos galegos conteñen este numeral: Sete Camiños (A Guarda, Po), As Sete Espadas (Marín, Po), Setefontes (Palas de Rei, Lu), Seteventos (Palas de Rei e Sarria, Lu), Vintesete (Paderne, Co). O topónimo Sete (Vedra e Carballo, Co) pode representar o número ou proceder do xenitivo de Septius, nome persoal de orixe latina (Schulze_1966), pola súa parte tamén procedente do numeral (PielPossessores 388).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org