Pradairo
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Derivado
Resumo xeral
Derivado do latín plătănus co sufixo -eiro.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
Lugar pertencente á parroquia de San Pedro de Neiro, no concello da Fonsagrada.
Información específica de étimo para este topónimo
Como os demais descendentes do latín plătănus, presenta unha evolución semiculta, pois non palataliza o grupo PL- inicial. Non se conservou a forma simple porque tiña menos posibilidades de supervivencia, xa que a súa evolución fonética confluíría cos resultados de PRATU- (> prado). En Galicia tamén se rexistraron as variantes pradeiro e padreiro, que responden á evolución máis común do sufixo -ARIU. A variante en -aira é paralela a de abelaira-abraira, maceira-mazaira que se rexistran na metade oriental de Galicia (Navaza_Fitotop 437-8, 579).
Cognados e topónimos relacionados
No NG figuran seis Padreiro (Carballo, Curtis, Santa Comba, Vimianzo e Zas), amais de Pedra Padreiro (Zas) e Padrieiro (Guitiriz).
As posibles formas femininas coinciden cos derivados de PRATU.
En Portugal rexístrase tamén Padreiro, documentado como Padreiro, Pradaeiro, Pradeeiro en 1258 (OnomMedPortugués).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org