Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Melón

Melón

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

MELLONIUS
Latino
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

De MELONII, xenitivo do antropónimo latino Mellonius, probablemente representado no medieval galego Mellone.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

A historia deste concello ourensán, que recibe o nome da parroquia e lugar homónimos, está ligada á do mosteiro cisterciense de Melón, fundado no séc. XII e habitado ata a desamortización de Mendizábal. Melón tamén foi, durante o Antigo Réxime, nome dunha xurisdición que abranguía, ademais das actuais parroquias do concello, Quins e Melón, a de Faramontaos, en Carballeda de Avia.

Información específica de étimo para este topónimo

O nome persoal está atestado xa no séc. IX (filius de Mellone 858 DiplPeriodoAstur2). Elixio Rivas (RivasToponMarín, pp. 75-76) cre que o topónimo contén a raíz prerromana *mal- / *mel- 'roca, monte'.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "ecclesie sti. Martini et villa Meloni ab integro" 1107  VázquezNúñez,Documentos
  • "ecclesie sancte Marie de Melone" 1158 CDMelón
  • "abbati Martino sancte Marie de Melon" 1159 CDMelón
  • "ad monasterium de Mellon" 1203 CDMelón
  • "Gomecius monasterii de Mellone abbas" 1232 CDMelón

Moderna

  • "Pedro García de Melón, vecino de Santa Baia de Vigo (Boqueixón)" 1519 AHUS
  • "felegresía de Santa María de Melón" 1762 PARES

Cognados e topónimos relacionados

Ademais do lugar e parroquia que dan nome a este concello, o Nomenclátor de Galicia rexistra os lugares de Melón (Vigo, Boqueixón, Co) e Melón de Arriba e Melón de Abaixo (Rocas, Esgos, Ou).

Luz Méndez:  "Melón", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Data: 16/11/2023
2898
no-portugues

Coordenades:-8.215893 42.258178

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
meˈloŋ
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
1137 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

melonés, -esa

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Melón
747 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

O foco principal do apelido parece este lugar, parroquia e concello do Ribeiro, pero non podemos descartar que algúns dos portadores teñan a orixe remota do seu apelido nos nomes de Melón de Arriba e Melón de Abaixo, na parroquia de Rocas, do concello ourensán de Esgos; ou no do lugar de Melón, na parroquia de Vigo, no concello coruñés de Boqueixón.

Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-