Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Serra do Faro

Serra do Faro

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Serra
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

SĔRRA
Latino
Oronimia » Elevación
PHARU
Latino
Hábitat humano » Edificacións

Resumo xeral

De serra (lat. SERRAM), a preposición de e Faro (lat. PHARUM), o monte máis alto da dita serra. 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

A Serra do Faro é limítrofe entre as provincias de Lugo e Pontevedra. O monte Faro, a elevación maior con 1187 m, está declarado zona de especial conservación, e divide os concellos de Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra); desde el divísase territorio das catro provincias de Galicia. Este monte Faro, que lle dá nome á serra, chamouse na Idade Media Navego, denominación tamén dun arciprestado ata finais do séc. XIX: 

  • "protenditur ad montem Navego" 572 RiscoESagrada40
  • "subtus monte Navego, discurrente ribulo Arnego" 1152 FVianaDozón
  • "Do mordemádego de Navego" 1473 LTPOseira
  • "mitad de los frutos y rentas del arciprestazgo de Navego" 1541 AHUS

Co nome de Faro xa era coñecido polo menos desde Madoz (DicMadoz, vol. VIII, páx. 23).

Información específica de étimo para este topónimo

Faro é a denominación que reciben non só os farois que se colocan preto da costa para alertar os mariñeiros e navegantes, senón tamén os lugares altos onde se prendía lume para facer sinais de aviso visibles a distancias longas.

Documentación histórica

Moderna

  • "FARO : montaña en el ant. reino de Galicia" 1847 DicMadoz

Paisaxe toponímica próxima

O Farelo é un monte na mesma serra e recibiu o seu nome como réplica do monte Faro. O monte Farelo chamábase na Idade Media Summio.

Cognados e topónimos relacionados

Hai en Galicia unha parroquia e oito localidades chamadas (O) Faro ou que conteñen a palabra (Montefaro, O Faro de Estaca de Bares) pero, polo concellos onde están localizadas, case todos na ribeira do mar (os coruñeses de Ares Mañón, Oleiros, Ortigueira, Ribeira, Valdoviño e o lugués de Viveiro), han ten como motivación os faros mariños e os microtopónimos Monte Faro de Domaio e Viveiro. Coma o topónimo desta entrada, lonxe do mar está o lugar chamado O Faro (Buxán, Rois, Co), do mesmo xeito que o microtopónimo O Faro de Avión, nome dun monte (e serra) pontevedrés, entre os concellos de Avión, Carballeda de Avia e Melón. 

É diminutivo deste topónimo o xa mencionado monte Farelo.

Hai un lugar denominado Faro en Peranzais (oficialmente Peranzanes, León), zona de fala galega; tamén Faro de Arriba y Faro de Abajo (Limanes, Oviedo), El Faro (Las Palmas, Gran Canaria), Roque del Faro (Santa Cruz de Tenerife, Tenerife) e Faro (Cullera, Valencia).  O mesmo étimo pero resultados distintos ofrecen Haro e Alfaro, en la Rioja.

O nome da cidade, o concello e o distrito portugués de Faro ten outra orixe.

Luz Méndez:  "Serra do Faro", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 16/11/2023
3048
no-portugues

Coordenades:-7.891006 42.63124

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
ˈsɛra̝ðoˈfaɾo̝
Audio
Provincia
Sen provincia
Poboación (INE)
Sen datos

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Faro
780 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

Pola súa distribución, o apelido ten o foco con máis probabilidade no nome da Serra do Faro de Avión.

Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-