Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Santo Estevo de Rececende

Santo Estevo de Rececende

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Idioma do topónimo
Galego

Étimo

SANCTA, SANCTU
Latino
Onomástica
STEPHANA, STEPHANUS
Latino
Deantroponímico » Haxiónimo
RECESINDUS
Germánico
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

Haxiotopónimo composto do nome persoal latino Stephanus, e este do grego Stéphanos, nome persoal moi antigo e tamén nome común: stéphanos 'coroa'.

A segunda parte procede do nome medieval Recesindus, de orixe xermánica, a través do xenitivo RECESINDI. 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Parroquia do concello da Pontenova (Lu), que segue a ter santo Estevo como advocación .

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "Sancti Petri de Alanti, item Sancti Stephani de Recessuindi, item Sancti Iohanni de Uallebrui" 916 CDCatedralLeón 1, 63-64
  • "Sancte Eulalie de Marzani, Sancti Iohannis de Uiscos, Sancti Petri de Alanti, item Sancto Stephani de Recesuindi, item Sancti Iohannis de Ualebria, item Sancti Iacobi de Nonnino, item Sancti Stephani de Tabulata" 935 CDCatedralLeón 1, 166-168.
  • "Andreu Pérez de Sant'Estevao" 1298 CDOscos

Moderna

  • San Estevan, San Esteban, Ssan Esttevan 1752 Rexistro de Eclesiásticos  de Rececende do CME (Vid. MarquésValea_2021).
  • San Hestevan, San Estevan, Ssan Estteban 1752 Rexistro de Leigos de Rececende do CME (TopAPontenova)

Cognados e topónimos relacionados

A popularide deste nome na Alta Idade Media no noroeste hispánico explica a súa produtividade antroponímica. Varios dos seus descendentes presentan variación na primeira raíz: Recesende, cadanseu lugar e parroquia en Castroverde e Baralla (Lu), outra parroquia en Teo (Co), Requesende, lugares na Laracha e Santiago de Compostela (Co) e quizais tamén Rexosende (Vilardevós, Ou) e Raxacendes (Santiso, Lu). Con distinto resultado na segunda raíz, Recesindes (Vimianzo, Co), Rececinde (Coristanco, Co). Neste último topónimo observamos asimilación consonántica á primeira sibilante, tamén presente, amais de no topónimo que tratamos, en Rececende, outra parroquia da Pontenova (Lu) e mais en Rececendes (lugares en Antas de Ulla e Portomarín, Lu).

Ana Boullón:  "Santo Estevo de Rececende", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 12/11/2023
3359
no-portugues

Coordenades:-7.23644754 43.36645538

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
santesˈteβo̝ðereθeˈθende̝, santo̯esˈteβo̝ ðe reθeˈθende̝
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
75 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Sanesteban
327 ocurrencias
Fonte: CAG

O apelido Sanesteban (e a súa variante gráfica San Esteban, moito menos frecuente), practicamente exclusivos de Galicia na Península Ibérica, resultan da castelanización de Santo Estevo, nome de dous lugares situados no concello das Somozas (Co).

Sanesteban
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-