Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Vilarmaior

Vilarmaior

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

VILLĀRE
Latino
Hábitat humano

Resumo xeral

Composto transparente de vila e o adxectivo maior.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello creouse en 1836 con parroquias que no Antigo Réxime pertenceran ás xurisdicións de Pontedeume e de Perbes, do territorio de Pruzos e provincia de Betanzos (NavazaConcellosCor). Entre 1877 e 1897 foi anexionado polo veciño concello de Pontedeume, ata que se segregou definitivamente (VariacionesMunicipios).

Información específica de étimo para este topónimo

O derivado vilar aparece moi cedo na documentación galega, polo menos desde o séc. VIII: "montium que vocitant Uillar Solanu" 791 CDPinoMonforte. O seu uso toponímico, como 'núcleo de poboación máis pequeno cá vila" foi moi abundante, e de feito, hoxe é unha das palabras máis frecuentes na toponimia galega (Boullón_2021).

A partir do séc. XVI, como lle ocorreu a unha parte dos topónimos galegos, aparece nas fontes castelanizado case sistematicamente. A forma orixinal restituíuse en 1985 (VariacionesMunicipios).

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "territorio Prutius discurente ecclesia Sancti Saluatoris de Uillare Maiore" 1223 DocsMonfero 562-563.
  • "San Pedro de Vilarmayor" 1500 LSubsidioSantiago

Moderna

  • "cuarta vacante del beneficio de Sam Pedro de Billarmayor" 1582 ACS
  • "Feligresía de San Pedro de Villarmaior" 1612 AHUS, 1752 CME (Vilarmaior)

Cognados e topónimos relacionados

En Galicia existen 545 lugares nos cales figura a palabra vilar, amais de 116 que conteñen o diminutivo, vilariño. Amais de en Vilarmaior, figura noutros dous concellos: Vilar de Santos e Vilardevós.

Maior está presente na composción de 67 lugares, adxecftivando a palabras como agra, agro, barxa, bouza, busto, campo, carral, castro, fonte, mato, monte, pedra, pena, posta, río, souto, val e vila.

Ana Boullón:  "Vilarmaior", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Data: 30/05/2024
3474
no-portugues

Coordenades:-8.1454301454 43.3467614882

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
bilaɾmaˈjoɾ
Audio
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
1.245 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Vilarmaiorés

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-