Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

*CARAMBA

*CARAMBA

Prerromano
Hidronimia

Está composto pola raíz kar- 'pedra' e o tema, quizais celta, amba 'auga', como demostra Bascuas (Bascuas_Amba, páx. 89 e ss.). Deste étimo proveñen as voces galegas caramba ou carambo, carambelo, caramelo 'capa de xeo que se forma sobre a superficie da auga', 'xeo que queda colgando cando a auga cae desde unha altura' e outras variantes en que se dá ou non a redución mb > m, os dous resultados posibles. Tamén proceden o castelán caramba, carámbano e caramelo; o asturiano carambelu; e o catalán caramell; e o aragonés carambelo, carambel e caramelo. Descártase polo tanto a hipótese de Corominas (s.v. carámbano), o latín vulgar *calamǔlus, diminutivo de călămus 'cana' para estas palabras.

Véxanse tamén con esta raíz os étimos *CARĂMA e *CARNOTA.

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

Luz Méndez:
" *CARAMBA ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 05/09/2024

Topónimos derivados

-ĂNU

Ourense
Galego
Carambo
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-