Baña, A
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo
Ámbito semántico
Derivado
Resumo xeral
Dunha raíz hidronímica indoeuropea aw(e)- ‘humedecer, mollar, fluír’, a partir do grao pleno *av-, e con sufixación común noutros nomes prerromanos.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
O nome designaba en principio o río que atravesa a zona, despois foi unha terra medieval, freguesía e actualmente concello.
O termo municipal (establecido no Real Decreto de 27-07-1835) reuniu parroquias que no Antigo Réxime pertenceran ás xurisdicións de Barcala, Dubra, Xallas, Lañas e San Xoán de Riba, da provincia de Santiago. O concello recibiu o seu nome do da parroquia onde se estableceu a casa consistorial, no lugar de San Vicenzo. Como sucede noutros casos, o nome do concello non se corresponde co de ningún núcleo de poboación concreto (NavazaConcellos). O concello constaba coa forma castelanizada ata o ano 1985, cando se establece a forma definitiva: A Baña. O 11 de abril do 2000 o nome da súa capital, San Vicente, mudou para San Vicenzo, conforme á forma tradicional (VariacionesMunicipios).
Información específica de étimo para este topónimo
O carácter hidronímico da raíz prerromana, segundo BascuasHidron2014, é incontestable, posto que Avania é o primitivo nome do río do lugar, que segue chamándose A Baña, leva a súas augas ao Tambre e dá nome ao val que rega: terra de Avania.
Na súa evolución, a partir de Avania, o nome de lugar sufriu un falso corte porque o son inicial se interpretou como artigo, do mesmo xeito que ocorreu nos topónimos A Sionlla, O Grove, O Incio, O Mao e outros. A deglutinación iniciouse xa na Idade Media e foise consolidando co paso do tempo, como se ve nas documentacións históricas. Posteriormente, ese falso artigo foi castelanizado en parte nas fontes escritas e incluso se prescindiu del, ata que a forma galega se restaurou oficialmente no NG.
Documentación histórica
Antiga e medieval
- “terra de Avania” 1153 TToxosoutos, p. 185
- “Johannes Petri de Auania” 1162 TToxosoutos, p. 481
- “cum tota terra sua quam maiorem ab antiquo habuit, videlicet cum Carnota, Entines, Ialles, Barcala, Avania et de Celtigos” 1209 TBSantiago
- "En Avãya hũu cassal et outro no camino de Padron" 1352-1412 Tenza1CatSantiago p. 108
- "Jten ẽna Vaya duas quintas da jgleia de Sam Viçenço" 1352-1412 Tenza1CatSantiago p. 101
- "Jten na Vaya duas quintas da jgleia de Sam Viçenço" 1352-1412 Tenza1CatSantiago p. 107
- "Martin da Vãya" 1419 LCSantiago p. 162
Moderna
- "beneficio de San Bicenço dabaña" 1527 AHUS
- "feligresia de San Viçenço dabaña" 1536 AHUS
- "feligresía de San Salvador dabaña, jurisdicción de Barcala" 1569 ACS
- "felegresia de San Bicenço dabana" 1571 ACS
- "filegressia de San Salbador da Baña, jurisdición del condado de Altamira" 1628 AHUS
- "feligresia de San Salvador dabaña" 1646 AHUS
- Abaña ~ La Baña 1752 CME
- San Vicente da Baña / San Vicente de la Baña 1760 CME-ABaña (PARES)
- Baña 1806-1870 DicMadoz
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org