Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Xesta, A

Xesta, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

GENĔSTA
Latino
Fitonimia

Resumo xeral

Do lat. vg. GENĔSTA (cl. GENISTA), que designa diversas especies de plantas leguminosas do xénero Sarohamnus e outros afíns. Esta forma, e sobre todo os seus derivados, son moi frecuentes na toponimia galega.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Parroquia do concello de Lalín, que ten San Fiz como advocación. Na documentación antiga aparece coa advocación de santa María, e aínda hoxe persiste unha celebración mariana moi popular, que se reflicte nun refrán tradicional: "festa por festa, o Carme da Xesta" (Navaza_Fitotoponimia). Nos nomenclátores postmedievais aparecía escrito con G- ou con J-, conforme as oscilacións das grafías do español, ata que se adaptou á grafía moderna con X-, no NG.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "Pelagio Stephani de Genesta" 1255 CDOseira
  • "Santa María de Geesta" 1302, 303 DocDevOurense

Moderna

  • "Feligrasía de San Pedro Fix da Jesta" 1753 CME-A Xesta.
  • "GESTA (San Pedro Feliz de la): felig. en la prov. de Pontevedra (10 leg.), part. jud. y ayunt. de Lalín, idóc. de Lugo. ... Pobl.: 52 vec., 260 alm." 1847 DicMadoz.

Cognados e topónimos relacionados

Amais desta parroquia, hai outra no concello da Lama (Po), e outros once lugares (A) Xesta (Co7, Lu2, Po3), o composto Fondo da Xesta (Lalín, Po) e o plural (As) Xestas (Po, Lu), co composto Xestas Brancas (Vilalba, Lu).

Presenta derivados con diversos sufixos:

  • -ALE: (O) Xestal (Co7, Lu2, Po2), o composto Vilar do Xestal (Lalín, Po) e o plural Xestás (A Estrada, Po).
  • -ARIA, -ARIU: 36 (A) Xesteira, pl. As Xesteiras (Boimorto, Co), diminutivo A Xesteiriña (Sanxenxo, Po) e O Xesteiro (Toques, Co)
  • -ETA: Xesteda, parroquia en Santa Comba (Co).
  • -OSA: (A) Xestosa (Co3, Ou2, Po3) e os compostos A Casanova da Xestosa e O Vilar da Xestosa (Muras, Lu), ambos en Muras (Lu).
Ana Boullón:  "Xesta, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 31/03/2024
4382
no-portugues

Coordenades:-8.11501521 42.61883666

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
aˈʃɛsta̝
Audio
Provincia
Pontevedra
Poboación (INE)
209 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-