Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

San Xoán de Río

San Xoán de Río

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

SANCTA, SANCTU
Latino
Onomástica
IŌHANNES
Latino
Deantroponímico » Nome persoal
RĪVU
Latino
Hidronimia » Corrente

Derivado

Resumo xeral

O haxiónimo San Xoán vai acompañado polo substantivo río (lat. rivus). O río ao que se refire é o Sil, que marca o límite setentrional do concello.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Forma parte da comarca da Terra de Trives. No ano 1857 pasou a chamarse Río, a denominación oficial anterior era San Juan del Río. En 1985 recuperouse a forma galega, San Xoán de Río (VariacionesMunicipios).

Información específica de étimo para este topónimo

 

 

 

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "suo casali quod habent ipsi in villa Ryo" 1234 CDSobradoTrives, p. 44
  • "et aa herdade que eu aio en Rrýo" 1290 CDMontederramo p. 664
  • "en Muruaas [...] ssuu o signo de Seohane de Rrío" 1307 CDMontederramo p. 844
  • "per a teega de Rrýo" 1394 CDMontederramo p. 1863
  • "su o signo de San Johán de Rrío" 1471 CDMontederramo p. 2237
  • "na fregisía de San Juam de Rrýo" 1480 CDMontederramo p. 2308

Moderna

  • "San Juan de Rio" 1752 CME - San Xoán de Río - San Xoán de Río
  • "Rio", 1845-1850 DicMadoz

 

Cognados e topónimos relacionados

O substativo río aparece en máis dun cento de topónimos galegos. Algúns exemplos son Godás do Río (Boborás, Ou), Lombo do Río (Vilalba, Lu), Porto do Río (Abadín, Alfoz, Abadín, Muras e Viveiro, Lu), Pumar do Río (Boiro, Co), Río da Lousa (Narón, Co), Río da Veiga (Ribadeo, Lu), Río da Vila (Meaño, Lu), Río de Arriba (Quintela de Leirado, Ou) etc. Tamén, sen ningún modificador, dá nome a dezasete lugares galegos nos concellos de Agolada (Po), Antas de Ulla (Lu), Boimorto (Co), Cervantes (Lu), Chantada (Lu), Foz (Lu), Guntín (Lu), Láncara (Lu), Monforte de Lemos (Lu), Navia de Suarna (Lu), O Incio (Lu), Ribadeo (Lu), Sarria (Lu) e Silleda (Po). 

Eduardo Louredo Rodríguez:  "San Xoán de Río", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-11-2025].
Data: 09/11/2025
442
no-portugues

Coordenades:-7.298741 42.370969

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
sanˈʃo̯andeˈrio̝
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
518 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

sanxoanés, sanxoanesa

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Río
9435 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

Non semella que o apelido proceda deste topónimo.

Río
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana I. Boullón Agrelo

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-