Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Lobios

Lobios

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Idioma do topónimo
Galego

Étimo

*LAUVJA
Germánico
Fitonimia

Resumo xeral

Trátase do plural do termo lobio 'parra de pouca altura', palabra de orixe xermánica, quizais sueva. A monotongación do ditongo -AU- presente no étimo (*LAUBJA) non só se deu nesta palabra, senón tamén noutras como pobre (<PAUPERE). Corominas e Pascual (DCECH s. v. pobre) apuntan, en relación a esta palabra, unha hipótese que explicaría tamén a monotongación en Lobios. Estes autores supoñen unha forma *poubre, na cal a semivogal desapareceu "absorbida" polas dúas consoantes labiais. No caso de Lobios, a absorción sería provocada pola asimilación a unha única consoante labial: *laubjo > *loubio > lobio (Palacio_TopPantón p. 341). 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello toma o nome da parroquia de S. Miguel de Lobios. Ata 1985 a denominación oficial foi "Lovios".

Información específica de étimo para este topónimo

Encontramos citados outros topónimos que non puidemos localizar con seguridade. A atestación máis antiga é do s. VIII, e podería tratarse do Lobios do actual concello de Sober (Lu):

  • "per terminum inter Sancta Maria et Lovios, de alia parte per illas petras de Canton et de tertia parte ad illa peraria de Oldriti" 747 CDLugoCañizares p. 31-36.

Outra atestación parece corresponder a un lugar denominado Lobio, na antiga xurisdición de Postmarcos. Podería ser o actual Lobios do concello de Negreira (Co).

  • "In Pistomarcos villam quam dicunt Lobio simile modo et quod deinceps conplicare vel augmentare vel ganare potuero" 966 CDSobrado s. p.

Documentación histórica

Antiga e medieval

Atopamos atestacións seguras deste topónimo desde o s. XI:

  • "in Lovios et in sancto Felice" 1022 TCelanova p. 717-718
  • "et de alia parte in Lovios de domna Placia" 1030 TCelanova p.472-473.

Moderna

  • "En la villa y feligresía de San Miguel de Lobios" 1752 CME - Lobios - Lobios.
  • "Lobios", 1845-1850 DicMadoz

Cognados e topónimos relacionados

Existen outros tres lugares en Galicia co mesmo nome: o lugar de Lobios, no concello de Negreira (Co); o lugar e parroquia de Lobios no concello de Sober (Lu) e o lugar de Lobios no concello de Porqueira (Ou). A forma singular, Lobio, designa un lugar do concello de Santiago de Compostela (Co) e, acompañada do artigo, O Lobio, no concello de Sober. En Portugal rexístranse Loivo, no distrito de Viana do Castelo e Loivos, dous lugares homónimos no distrito de Vila Real. Así mesmo, no concello asturiano de Grao atopamos El Llobiu.

Eduardo Louredo Rodríguez:  "Lobios", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-11-2025].
Data: 10/11/2025
4610
no-portugues

Coordenades:-8.084121 41.901741

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
ˈloβjo̝s
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
1.786 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Lobiense

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana I. Boullón Agrelo

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-