Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Boborás

Boborás

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Derivado

APŎPĔRA » -ALE

Resumo xeral

De APŎPĔRALES, plural dun abundancial que indica presenza de abóboras, unha clase de cabaza. A forma aboborás sufriu a apócope da vogal inicial, reinterpretada como artigo (coma en EPISCOPU > obispo > o bispo). Actualmente, sobre todo entre a xente maior, aínda se escoita "vou á Boborás", "casou na Boborás".

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "Petrus Roderigi de Aboberanes ts." 1237 CDOseira p.396-397
  • "concedo et abrenuntio monasterio Ursarie illam hereditatem de Aboberaes" 1241 CDOseira p.462-463
  • "in villa que vocatur Boberaens sub parrochia sancte Marie" 1255 CDOseira p.715-716
  • "outorgo et confirmo todo erdamento que meu padre et mya madre ia dytos venderon en Aboberaes" 1280 CDOseira p.1093
  • "Fernan Dominges d'Aboberaas" 1352 CDOseira p. 242

Moderna

  • "Boborás" 1752 CME -Xuvencos - Boborás
  • "Boborás" 1845-1850 DicMadoz
Eduardo Louredo Rodríguez:  "Boborás", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 26-11-2025].
Data: 09/11/2025
4630
no-portugues

Coordenades:-8.143235 42.43164

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
boβoˈɾas, boˈβɾas
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
2.232 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Boboralense

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana I. Boullón Agrelo

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-