Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

LAMA

LAMA

Prerromano
Hidronimia

Quizais voz prerromana indoeuropea. É apelativo no norte de España (gal. lama, ast. lama e llama, leonés llama), no norte de Francia e en Córsega e no sur de Italia; tamén se encontran cognados no letón e no lituano, das máis arcaicas da linguas indoeuropeas, e no finés, unha lingua urálica (DÉLL, s.v.). Pokorny (IEW, s.v. lama) cre que "dificilmente é verdadeiro latín". Corominas considéraa latina (Gaffiot, s.v. lama 'pantano, lameiro'), aínda que é pouco común nesa lingua. Na Península, dátase xa no séc. II na obra de Ptolomeo e, na Gallaecia, hai derivados de lama na epigrafía (LAMATIGOM) e nas moedas de época sueva (LAMECO, LAMEGO, neste caso en referencia a Lamego, en Portugal). Sobre as distintas orixes que se lle atribuíron vid. ÁlvarezMaurín_TermTop (pax. 214). É formadora de topónimos en Galicia, Portugal, Asturias, León e tamén en Salamanca (Valdelama), Segovia (Ituero y Lama) e Soria e Guadalaxara (Lamiñosa).

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

Luz Méndez:
" LAMA ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 15/04/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

Pontevedra
Lama, A

Topónimos derivados

-ĀRIA, -ĀRIU

Pontevedra
Galego
Campo Lameiro
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-