Almuíña
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo
Resumo xeral
Do árabe múnya 'horta', 'casa de campo con terras'.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
Aldea da parroquia de Gondulfe, no concello de Taboada (Lu).
Información específica de étimo para este topónimo
A palabra debeu estar de uso ata finais da Idade Media, como indican as atestacións medievais:
- "outra leira de herdade et de vina que jaz ẽno Chaao de Leiro a su almuna" 1420 CDSClodioRibeiro.
- "hũa nossa leyra d'erdade que jas ẽno fondo da Almuna" 1395 CDRamirás [editado erroneamente como Almunia. Non está claro aquí se ten valor léxico ou xa toponímico]
Por estas atestacións parece que presentou dúas evolucións diverxentes, unha con palatalización do grupo NJ (almuña) e outra con metátese do iode e palatalización subseguinte do grupo -INA: Almuíña. Esta é a que se consolidou na toponimia galega. A primeira citada rexístrase noutras áreas da toponimia hispánica: Almuña, Armuña.
As documentacións medievais máis antigas como topónimo encontrámolas en documentos leoneses e portugueses:
Documentación histórica
Moderna
- "Almuiña. l. en la prov. de Lugo, ayunt. de Taboada y felig. de San Lorenzo de Gondulfe. Pobl.: 7 vec. 38 almas" 1847 DicMadoz.
Cognados e topónimos relacionados
En Galicia, amais deste topónimo, figuran no NG catro A Almuíña: en Arbo, A Caniza e Pontevedra (Po) e en Boborás (Ou). En GaliciaNomeada aparecen outras 32 formas, a maioría no suroeste de Pontevedra, pero hai algúns tamén no norte de Lugo (Foz, Barreiro). Tamén encontramos atestacións antigas, hoxe non localizadas, como unha herdade de Almuíña, xunto a aldea de Rabiáns, en San Xiao de Vea (A Estrada, Po), en 1611 (ACS).
En Portugal, Almuinha en Braga.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org