Golpilleira
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Derivado
Resumo xeral
Derivado do latín VŬLPĒCŬLA co sufixo -eira: 'lugar onde hai raposos'.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
Aldea da parroquia Santa Mariña do Monte, no concello de San Sadurniño (Co).
Información específica de étimo para este topónimo
Aínda que hoxe xa non existe a palabra golpella 'raposo', debeu ser común na Idade Media, pois deixou bastantes descendentes toponímicos en toda Galicia. Atopamos atestacións do seu derivado golpelleira na Idade Media, desde o séc. X:
- "per medio de ipso monte ad pena Gati, ad illo porto de Fontano Cauato, ad illa aspera de Golpelarias, ad illa fonte de Paramo" 917 CDCelanova
- "per carrale antiqua que vadit pro ad Golpelarias" 1057 CTSamos
- "in territorio sancti [Claudii] de Ravaneta in loco vocato Gulpilleyras" 1289 CDOseira
- "da dita herdade de Golpelleyras" 1427 CDSEstevoRibasSil
- "um casar na Golpeleyra" 1473 LTPOseira
Os derivados presentan hoxe sistematicamente o cerre da vogal pretónica en i (Golpilleira) por ir antecedendo a unha palatal (cf. castañeiro, hoxe dialectal > castiñeiro).
Cognados e topónimos relacionados
Hai 15 topónimos en Galicia con este elemento léxico: Golpilleira (este de San Sadurniño e outro en Cospeito, Lu), A Golpilleira (Ortigueira, Co, Baleira, Castro de Rei e Xermade, Lu, e Ourense, Ou), Golpilleiras (Abadín, Lu), As Golpilleiras (Abadín e Castro de Rei, Lu), A Gulpilleira (Curtis, Monfero, Co e O Porriño, Po) e Gulpilleiras (A Fonsagrada, Lu).
En Portugal, Golpilheira (Leiria).
Con outros sufixos: Golpellás (-ALES), parroquias en Calvos de Randín e Paderne de Allariz (Ou), e lugares nos mesmos concellos. En Portugal, en singular, Golpilhal (Coímbra), e con -ARES: Golpilhares (Coímbra).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org