Portomarín
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo
Resumo xeral
Composto de porto, do lat. portus 'paso dun río', en referencia á ponte sobre o río Miño, e Marín, procedente de MARINI, xenitivo do nome de posesor Marinus, de orixe latina.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
O territorio de Portomarín é coñecido desde a Alta Idade Media pola ponte sobre o río Miño; de feito, tamén recibe o nome de Pons Minei. Na Idade Media foi unha parada importante no Camiño de Santiago, e contaba cun hospital de peregrinos e unha igrexa fortaleza da orde de Malta, construída entre os séc. XI e XIII. En 1962 construíuse o encoro de Belesar, que asolagou 300 ha. de terreo de cultivo e obrigou a construír unha nova poboación; a igrexa trasladouse á nova localización.
O concello creouse en 1835 coa forma castelanizada Puertomarín así consta ata o nomenenclátor oficial de 1970. Coa chegada da democracia recuperou o seu nome orixinal, Portomarín.
Documentación histórica
Antiga e medieval
- "In terra de Porto Marini" 897 CDVisLugo
- "uillam suam Portumarini , que est in ripa Minei" 993 TASantiago
- "Regalengo Porto Marini" 1078 TVLugo
- "in territorio Portomarini" 1107 CDVisLugo
- "Pauperibus Hospitalis de Portomarini" 1202 DocLugoCañizares
- "Tome Eanes, notario publico de Portomarin" 1285 CDVilarDonas
Moderna
Cognados e topónimos relacionados
Amais da forma plena, Marín (concello en Po, lugares en Nigrán e Silleda, Po), en Galicia existen outros compostos co xenitivo do nome persoal Marinus: Fontemarín (Vilalba, Lu), Lamamarín (Chantada, Lu; para a primeira parte do composto, véxase LAMA), Pardemarín (A Estrada, Po), antigamente Parada Marín 1419 DocCodeseda (véxase tamén Parderrubias), Valmarín (Irixoa, Co), Vilamarín (O Corgo, Abegondo, Monforte, Vilamarín).
En Portugal tamén hai Marim (Faro) e Vila Marim (Vilareal).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org