Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

*SŬPĔRĀTU

*SŬPĔRĀTU

Latino
Hábitat humano
Log in to post comments

Participio do latín superare 'sobrepór, estar enriba de algo', que adquiriu o sentido 'ir máis alá de, exceder', para designar o andar superior dunha casa, e despois a propia casa cun andar, en contraposición coas casas térreas. Na península ibérica presenta descendentes gal., port., cast. sobrado 'piso alto dunha casa', 'parte da estrutura que excede o plano da fachada', ast. sobrau, sombráu, somberáu, sombráu 'faiado' (os dous últimos con influencia de sombra, ou contaminación co adverbio somo < SŬMMUM, segundo PensadoLexAsturiana). É, pois, especialmente frecuente no noroeste peninsular, sobre todo en Galicia, pero raro no resto do territorio..

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" *SŬPĔRĀTU ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 09/11/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

A Coruña
Sobrado
Cognados: Sobrada; Sobradelo; ast. Sobráu; cast. Soberado; cast. Sobradillo; cast. Sobradiel
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-