Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Muíños

Muíños

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

MŎLĪNU
Latino
Hábitat humano » Edificacións

Resumo xeral

Do plural de muíño (< lat. MŎLĪNU).

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O actual concello constituíuse con parroquias das xurisdicións de Calvos de Randín e Rairiz de Veiga e co couto redondo de Maus de Salas, baixo o señorío do conde de Lemos.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "feligresía de Muíños" a.1491 PARES

Moderna

  • "Francisco Salgado, clérigo rector del beneficio de San Pedro de Muíños" a.1570 PARES
  • "aldea do Ranñadouro, felegresía de San Pedro dos Moínos" a.1592-1599 ARG

Cognados e topónimos relacionados

No Nomenclátor de Galicia rexístranse máis de cen topónimos que conteñen a voz muíño e o seu plural e tamén compostos como Remuíño (<río de muíño), Redemuíños (< río de Muíños),  Paramuíño (< pedra de Muíño), Os Muíños de Vento, O Muíño de Mar...

En Portugal tamén son frecuentes os nomes de lugar Moinho, Moinhos e compostos. En áreas peninsulares de fala catalá encontramos Molí e Molins e Molín en asturiano.

Luz Méndez:  "Muíños", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-11-2025].
Data: 08/11/2025
4970
no-portugues

Coordenades:-7.974692 41.957863

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
muˈiɲo̝s
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
1.439 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

muiñés, -esa

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Muíños
2813 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

O nome do concello ourensán de Muíños pode ser un dos focos produtores do apelido.

Apelido
Molinos
433 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

O topónimo Muíños, localidade e parroquia da Baixa Limia, parece ser tamén o foco da forma castelanizada Molinos dos portadores ourensáns.

Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-