Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Monterrei

Monterrei

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

MONTE
Latino
Oronimia » Elevación
RĒGE
Latino
Hábitat humano » Profesión ou cargo

Resumo xeral

Do latín MONTE 'monte' e REGE 'rei', en relación con terras reguengas, de xurisdición real.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

A cidadela fortificada medieval de Monterrei ergueuse sobre os restos do antes chamado castrum e villa Baroncelli. A parroquia e o lugar de Monterrei atéstanse polo menos desde o último terzo do século XIII, aínda que existían anteriormente, segundo nos consta nun documento en que Afonso X lle doa a metade da nova igrexa que mandara construír na vila, á cal tamén lle deu carta de poboamento; parece logo probable que fose este rei quen, xunto con eses privilexios xurídicos, lle outorgou o novo nome de Monterrei á vila. A fortaleza que hoxe se conserva estaba xa erixida na primeira metade do século XIV.

Monterrei foi nome dunha terra medieval e dun estado nobiliario importante entre os da Galicia daquela época, pola súa posición estratéxica, preto da fronteira con Portugal. A finais do século XV, Sancho de Ulloa, aínda que a tenza da vila e da fortaleza estivo en litixio durante anos (Olivera_Monterrei, 2016: 162 e ss.), intitulouse conde de Monterrei, o primeiro. 

En Monterrei instalouse a primeira imprenta de Galicia e durante dous séculos o lugar albergou un importante colexio de xesuítas que aspirou, sen éxito, a ser universidade.

O actual concello pertence á comarca de Verín e constituíuse con algunhas das parroquias da antiga xurisdición de Monterrei, de propiedade condal: Albarellos, Estevesiños, Flariz, Infesta,  A Madanela, Medeiros, Monterrei, San Cristovo, Vences e Vilaza. A elas xuntouse, xa a finais do século XIX, a parroquia de Rebordondo, homónima da veciña de Castrelo de Val, e formada só polo lugar de Paradiña, hoxe deshabitado, aldea que formaba previamente parte da parroquia de Vilaza.

A capital municipal está en Albarellos, lugar da parroquia homónima.

 

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "do la meatade della eglesia que agora nueuamente mandé ffaser en la mi puebra de Santa María de Monte de Rrey" a.1291 (a.1274) PARES
  • "Martín Peres, çapateyro de Monte Rrey" a.1318 CDMontederramo
  • "Gonçalvo Rrodríguez, notario del rrey en Monte Rrey" a.1342 PARES
  • "Ena vila de Monterrey, sesta feyra, des e seys dias do mes de setenbro... de mill e quatro çentos e noveenta e un anos" a.1491 DocDevOurense

Moderna

  • "licenciado Horosco, médico del muy illustrisimo conde de Monte Rey" a.1543 AHUS
  • "Baltasar Ojea... natural que soy de la villa de Monterrey" a.1631 AHUS
  • "Interrogatorio de la villa y feligresía de Santa María de Grazia de Monterrei" a.1761 CCME

Cognados e topónimos relacionados

En Galicia hai outro lugar homónimo no Pereiro de Aguiar (Ou) e tamén existiu, polo que parece, na actual parroquia de Campo Redondo de Ribadavia, outro lugar chamado San Cibrao de Monterrei ("ubi iacet petra scripta, et inde in directo ad Montem de rege, et inde ad Arca de Mauros (Aira de Mouros), sicut vadit ad vallum cerual, et inde vergit ad villa Spasindi (Esposende)” a.985, CDCidadeSant;  "super hermidam quamdam quod uocatur sanctus Ciprianus de Monte Rey" a.1161 CDMelón); hoxe aínda se rexistra San Cibrao na microtoponimia da parroquia.

A cidade e municipio de Monterrey, en Nuevo León, México, recibiu o nome en honor Gaspar de Zúñiga, virrei de Nueva España, V conde de Monterrey e orixinario do Monterrei ourensán.

En Asturias hai dúas aldeas chamadas Monterréi, unha na parroquia de Riberas, concello de Soto del Barco e outra na parroquia de Oviedo, concello do mesmo nome. No NGMEP figura unha urbanización chamada Cotos de Monterrey, no concello de Venturada, na provincia de Madrid, e tamén a Urbanització Monterrei, en Palma de Gandía, Valencia. Recóllese tamén neste nomenclátor o topónimo Monterreina como lugar do municipio de Isla Cristina, en Huelva, nome dunha urbanización que non prosperou,  construída nos anos 60 no que hoxe está catalogado como terreo rústico no PXOM do concello.

 

Luz Méndez:  "Monterrei", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 23-11-2025].
Data: 08/11/2025
4972
no-portugues

Coordenades:-7.4491 41.9468

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
monteˈrej
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
2.424 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

monterrexense

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

 

Olivera Serrano, César. 2006. Los señores y el estado de Monterrey (siglos XIII-XVI). Cuadernos de Historia de España LXXX: 147-170 (2006), Universidad de Buenos Aires. [https://digital.csic.es/handle/10261/167694. Última consulta: 03/07/2024]

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

"Castelo de Monterrei (2)" by HombreDHojalata is licensed under CC BY-SA 3.0.

"Castelo de Monterrei (2)" by HombreDHojalata is licensed under CC BY-SA 3.0.

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-