Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Pontenova, A

Pontenova, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

PŎNTE
Latino
Hábitat humano » Vías de comunicación
NŎVA, NŎVU
Latino
Valoración » Calidade

Resumo xeral

Do latín pontem 'ponte' e o adxectivo tamén latino nova 'id'.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Descoñécese a antigüidade do nome da localidade, pero a ponte que lle dá nome existía xa a mediados do século XVII e recibía este nome, que nos chegou castelanizado como Puente Nueba (MarquésValea_2021, páx. 71).

A principios do século XIX constituíronse os municipios cos nomes das freguesías de Conforto e Miranda, pertencentes á antiga xurisdición de Miranda, e Vilameá, pertencente á de Mondoñedo, ata que os dous primeiros se agruparon en 1845 nun único concello chamadoVillaodriz (forma castelanizada da parroquia de Viloudriz). Catro anos máis tarde o concello de Vilameá cambiou o nome polo de Puente Nuevo, feito que entrou en vigor en 1951. En 1963 fusionáronse todos en Puente Nuevo-Villaodriz e en 1973 acordouse a denominación actual A Pontenova, que non se oficializa ata 1984.

Documentación histórica

Moderna

  • "Sobre el adreço y fábrica de la puente del río de Miranda que llaman Puente Nueba" a.1645 GalicianaArqu

Cognados e topónimos relacionados

Existen localidades chamadas Puente Nuevo en Ávila e Xaén e Puente Nueva en Ávila. En Portugal hai polo menos 15 entidades de poboación chamadas Ponte Nova.

Luz Méndez:  "Pontenova, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Data: 09/04/2025
4974
no-portugues

Coordenades:-7.19553 43.351073

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
aponteˈnɔβa̝
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
2.126 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

pontenovés, -esa

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Marqués Valea, Xulia (2021): Toponimia da Pontenova. Colección Terra Nomeada. Real Academia Galega. https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/379/376/401

 

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-