Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Rábade

Rábade

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

RABÁḌ
Árabe
Hábitat humano » Poboación

Resumo xeral

Posiblemente de orixe árabe, a partir do árabe clásico rabaḍ ‘arrabalde, suburbio’.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Na documentación altomedieval Rábade denominou un pequeno territorio ou alfoz e abranguía freguesías hoxe pertencentes a Begonte, Cospeito e Outeiro de Rei. Na organización dos concellos no séc. XIX, indorporouse no de Begonte en 1840 ata a súa segregación en 1925 (Martínez Lema 2018).

Información específica de étimo para este topónimo

Normalmente vénse considerando unha orixe árabe, a mesma que deu lugar á palabra arrabalde. O problema é que esta procede do andalusí rabáḍ, de pronuncia aguda, mentres que a do topónimo é hoxe esdrúxula. Robert Pocklington considera que podería proceder directamente do clásico rabaḍ, con acentuación na primeira sílaba e que, por tanto, reflectise a acentuación orixinal. Con todo, non deixa de ser raro un arabismo tan temperán, tendo en conta que se documenta no séc. IX. Por iso se barallaron outras hipóteses, como un nome persoal a través da súa forma en xenitivo (o que xustificaría o -e final); axústaríase RAPĬDI, xenitivo do cognome latino Rapĭdus; non obstante, esta proposta choca coas abundantes documentacións medievais, que presentan a de maneira consistente na segunda sílaba.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "in terminum de Rabadi" 897 TVelloLugo,
  • "sub urbe lucense, Rapati" 934 TCelanova
  • "in territorio Rabati i" 959 TSobrado
  • "in valle Rabadi" uilla Boniti 966 TSobrado
  • "villa que dicitur Rabade" 1110 CDMeira
  • "illa feligresia de Sancto Martino de Pino quanta iacet sub caractere Rabadi cum villa Iohanni" 1124 CalMondoñedo

Moderna

  • RÁBADE (San Vicente de): felig. en la prov. y dióc. de Lugo ..., part. jud. de Villalba ... y ayunt. de Begonte. Pob.: 38 vec., 496 alm." 1849 DicMadoz.
Ana Boullón:  "Rábade", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Data: 28/04/2025
5034
no-portugues

Coordenades:-7.622281878 43.12081156

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
ˈraβa̝ðe̝
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
1503 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Rabadense

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Rábade
442 ocurrencias
Fonte: CAG

O apelido procede sen dúbida desta localidade e estendeuse polas comarcas de Lugo e a Terra Chá.

Rábade
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Martínez Lema, Paulo. 2018. Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega/Asociación Galega de Onomástica. Colección Terra Nomeada. https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/333

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-