Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

ISIDŎRUS

ISIDŎRUS

Latino
Onomástica » Deantroponímico » Haxiónimo
Log in to post comments

Forma latina do nome grego Isídōros 'don da deusa Isis', composto de Isis e dôron 'don, regalo'. Na península ibérica prevaleceu a acentuación grega deste nome, que se popularizou pola sona do erudito bispo de Sevilla (560-636) (Piel_Santos). Coa difusión do culto ó santo madrileño, canonizado no séc. XVII, mantívose Isidro para o labrador e para distinguir os dous santos refíxose unha forma culta Isidoro para o tradicional. En moitos nomenclátores mudouse a forma tradicional Isidro para Isidoro. Os topónimos proceden do culto ó primeiro deles: gal. Santo Isidro, San Cidre, port. Santo Sidro, Santos Idos/Santos Idros, Santo Isidoro, cast. San Isidro, cat. Sant Isidro.

Tamén hai topónimos procedentes do nome de posesor, e por tanto, do xenitivo ISIDORI: gal. Sidre, Vilar de Cidre.

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" ISIDŎRUS ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 24/06/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

A Coruña
Santo Isidro
Cognados: Seisidre; San Cidre; Sidre; Cidre
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-