Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Santo Isidro

Santo Isidro

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

SANCTA, SANCTU
Latino
Onomástica
ISIDŎRUS
Latino
Deantroponímico » Haxiónimo

Resumo xeral

Lugar da parroquia de Posmarcos que leva tamén a advocación de santo Isidro.

Información específica de étimo para este topónimo

O nome persoal e o do santo documéntase como Isidorus, pero hai atestacións medievais que confirman a pronuncia coa síncopa vocálica.

  • "beatus Isidorus" 908 DipAstur
  • "Sancti Isidori episcopi" 963 CDMelón
  • "Iouan Isidriz" 1125 CDCatedralAstorga 1
  • "vinea de don Isidro" 1147 TBSantiago
  • "Ysidro Garcia, caualero de Val de Salze (...) Don Ysidro et so ermano Domingo Ysidrez (...) Petrus Ysydrez" 1241 TToxosoutos

O topónimo de Postmarcos documéntase como Santo Isidro, pero foi castelanizado a partir do séc. XVII como San Isidro. A forma orixinal restituíuse no NG.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "Sancto Ysidro" (Libro de Apeos de San Martiño Pinario) 1396 AHUS

Moderna

  • "feligresía y coto de Santo Ysidro" (San Martiño: Libro 1 de apeos originales) 1557 AHUS (pp. 935r e ss.)
  • "Santo Sidro de Postomarcos" (Apeo de Goiáns) 1586 (ATOPO (pp. 6, 19)
  • "Felegresia de Santo Hesidro de Postomarcos (Apeo de Goiáns):1586  ATOPO (p.13)
  • "Felegresia de Santo Sidro de Postomarcos" (Xurisdición de Santo Sidro) 1603 ARG
  • "San Isidro de Postomarcos" MemoriasHoyo 1607 p.181
  • "Feligresía de San Ysidro de Postomarcos" 1753 CME-PosmarcosPobra

Cognados e topónimos relacionados

Hai outros tres lugares con este haxiónimo (Campo Lameiro, Po, Cedeira e Neda, Co), amais de San Cidre (con aférese, troco de sibilantes e relaxación da vocal final), en Bergondo (Co). En Seisidre (Muros), a evolución parece paralela á de Seoane < SANCTU IOHANNE); para este, Blanco Quintela, en Top_Muros suxire outra posible explicación: que sexa unha variante de Seixide, e este de Seixido, derivado de seixo (< lat. SAXUM 'rocha'), aínda que parece que cómpren demaisadas alteracións fonéticas para explicar esta evolución.

Procedentes do xenitivo, ISIDŎRI, tamén hai en Galicia varios topónimos de posesor: Sidre, Vilar de Cidre.

Ana Boullón:  "Santo Isidro", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 25-06-2025].
Data: 24/06/2025
6446
no-portugues

Coordenades:-8.93457298 42.63071934

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
santo̯jˈsiðɾo̝, santiˈsiðɾo̝
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
33 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Sanisidro
321 ocurrencias
Fonte: CAG

O apelido Sanisidro é a castelanización do topónimo Santo Isidro, co foco nesta parroquia de Posmarcos.

Sanisidro
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-