Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

URRACA

URRACA

Prerromano
Onomástica » Deantroponímico » Nome persoal
Log in to post comments

Antigo nome persoal feminino hispánico de orixe prerromana e de filiación incerta. Corominas (DCECH s.v. urraca), en relación ó seu valor zoonímico no léxico do español ('pega', pica pica) descarta a súa relación con FURAX ou FURARE (evidente se temos en conta as atestacións medievais) e co vasco, pero non está seguro con respecto ó ibérico. Como antroponímico, Patxi Salaberri (en comunicación oral) pensa que pode derivar do nome persoal Urra, de orixe descoñecida (presente noutros nomes como Urrana, Urrato e Urreza), cun sufixo hipocorístico -ka, mellor que de urro ‘ouro’. Parece razoable esta orixe desde o punto de vista histórico, pois é un nome feminino de ámbito hispánico e os primeiros testemuños proceden da zona vasco-navarra. Foi un nome moi difundido no norte da península ibérica na Idade Media, non pola súa expresividade, pois, como apunta Viejo_1998: 531, é un tema lexical completamente alleo á lingua falada. A súa frecuencia débese probablemente a ser portado por raíñas dos reinos  septrentionais nos séculos X ao XII. Posteriormente o seu uso minguou de forma drástica a partir do séc. XIII.

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" URRACA ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 09/11/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

Lugo
Dona Orraca
Cognados: Valdorraca; port. Urraca

Castelán

Ávila
Urraca-Miguel
Cognados: Dona Orraca; Doña Urraca del Río, Cortijo de ; Urraca; Mengamuñoz
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-