Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Barreiros

Barreiros

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Derivado

BARRU » -ĀRIA, -ĀRIU

Resumo xeral

Derivado de barro co sufixo -eiro (< lat. -ARIU), barreiro  significa 'sitio de onde se extrae barro' (DRAG).

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello constituíuse en 1835, pero desapareceu en 1840 (FariñaJamardo_1990). Volveu a chamarse Barreiros en 1857; o seu anterior nome era Cabarcos (Variaciones). Inclúe as parroquias de Cabarcos, Celeiro de Mariñaos, Reinante, San Cosme de Barreiro, San Miguel de Reinante, San Pedro de Benquerencia, San Xusto de Cabarcos e Vilamartín Pequeno.

Información específica de étimo para este topónimo

A presenza desta voz é moi antiga na documentación galega: polo menos, desde o séc. X ("tras agro de Barrario" 910 (CDVisLugo 117-125). Os lugares así chamados aluden a un terreo abundante en arxila ou poden estar relacionados con obradoiros de olería.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "territorio Barrarios" 1105 TLourenzá
  • " Santo Esteuan d'Agoas Santas que es de la jurdiçón de la administraçión de Sant Cosme de Barreiros" 1488 CDCatMondoñedo 437.

Moderna

  • "BARREIROS: ant. jurisd. en la estinguida prov. de Mondoñedo, compuesta de las felig. de Bareiros, Benquerencia, Cilleros de Mariñaos, Reinante (San Miguel) y Reinante (Santiago)" 1846 DicMadoz, tomo IV, s.v.

Paisaxe toponímica próxima

No mesmo concello: O Barral, O Barreiro, A Barrosa.

Cognados e topónimos relacionados

O lexema Barreiro está dentro da relación dos lugares máis frecuentes do NG, con 118 entidades de poboación (vid. Boullón_2021).

O plural, Barreiros, está en 38 lugares e, amais deste concello e parroquia, é tamén parroquia en Castroverde.

A variante morfolóxica Barreira ou A(s) Barreira(s), está en 64 lugares en Galicia.

Tamén se rexistran os diminutivos A(s) Barreiriña(s) e as composicións con preposición Casbarreiro, Subarreiro e noutras frases nominais como O Chao da Barreira, Fonte Barreira, As Laxas de Barreiros, Lobán da Barreira, A Pedreira de Barreiros, A Pena Barreira, O Touzal de Barreiro e As Vendas da Barreira.

Véxase tamén Barro.

Ana Boullón:  "Barreiros", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Data: 08/04/2025
825
no-portugues

Coordenades:-7.225313 43.546973

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
baˈrejɾo̝s
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
2925

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

barreirense

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Barreiros
754 ocurrencias
Fonte: CAG

O apelido Barreiros presenta dous focos principais: un na área do concello de Ourense, seguramente con orixe nalgún dos topónimos da provincia, probablemente o da parroquia de Vilariño no Pereiro de Aguiar; e outro na comarca de Muros, sen que poidamos determinar que topónimo o orixinou, se non xurdiu por referencia a persoas dunha mesma familia (DAG).

Barreiros
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-