Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Carballeda de Avia

Carballeda de Avia

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

*AVIA
Prerromano
Hidronimia » Corrente

Derivado

CARVALIU » -ĒTA, -ĒTU

Resumo xeral

O topónimo está composto por un derivado abundancial do sufixo -edo/-eda de carballo, voz de orixe prerromana que designa diversas especies do xénero Quercus, a preposición de e Avia, denominación dunha terra medieval regada polo río do mesmo nome, palabra tamén de orixe prerromana.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello figura xa co nome actual nos censos a partir do de 1860, ó desagregarse do de Ribadavia.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "... id sunt: Gumariz, et Osamo et Gallegos, et concludet de alia parte in Avia" a.928 CDSClodioRibeiro
  • "... ecclesias de Sallar et de Barrosa, Castella, Cusanca, Baruantes, Auia, Auion, Asma, Cambam, Auiancos ab integro" a.1105 CDACatOurense
  • "Munius Petri, clericis de Carualleda" 1259 CDSClodioRibeiro
  • "Johannis Petri capellanus Sancti Michaelis de Carvaleda" a.1260 CDMelón
  • "... frigessia de San Migell de Carvalleda" a.1347 CDOseira

Moderna

  • "feligresía de San Miguel de Carvalleda " a.1761 CCME
  • "Carballeda (San Miguel)" a.1854 DicMadoz
  • "Carballeda de Avia" a.1860 CensosHisINE

Cognados e topónimos relacionados

Ademais de Carballeda de Valdeorras, que adquiriu o aditamento en 1995, hai en Galicia tres parroquias que se denominan Carballeda, nove entidades de poboación e outras dúas denominadas Carballeda de Arriba e Carballeda de Abaixo. Tamén existen outros derivados de Carballo a partir do mesmo sufixo como Carballede, Carballida, Carballediña, Carballedo, Carballido, Carballidiño e con sufixos distintos: Carballal (pl. Carballás), Carballeira, Carballiño/Carballín, Carballizos e Carballude.

Do mesmo xeito, en Portugal encontramos os topónimos Carvalheda, Carvalhedos e máis derivados de Carvalho: Carvalhal, Carvalhais, Carvalheira...

Cognados de Avia son o nome do río portugués Ave e a localidade ourensá de Avión, os tres procedentes da mesma raíz hidronímica.

Luz Méndez:  "Carballeda de Avia", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Data: 02/04/2024
976
no-portugues

Coordenades:-8.164902 42.320853

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
kaɾβaˈʎeða̝ˈðaβia̝
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
1.271

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

carballedés, -esa

Pseudoxentilicio(s)

Non nos consta

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Carballeda
593 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

A distribución do apelido, concentrado en concellos limítrofes ao norte de Carballeda de Avia, indica que este lugar debeu ser o foco principal do apelido.

Apelido
Abia
29 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

El nombre del territorio medieval, Avia, que se mantiene en la actualidade en el nombre del ayuntamiento de Carballeda de Avia y en el vecino de Ribadavia, es el origen del apellido.

Nome
Avia
9 ocurrencias
Fonte: IGE

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-