Beariz
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo
Resumo xeral
Procede de (villa) Viarici, xenitivo do nome de orixe xermánica Viaricus.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
Pertence á comarca do Carballiño.
Información específica de étimo para este topónimo
O topónimo procede do xenitivo Viarici, seguramente a partir dun composto *villa Viarici, é dicir vila de Viaricus.
Documentación histórica
Antiga e medieval
- "deinde in Sautelo deinde in Viariz et aliis locis ubi illam potueritis invenire ab illo monte Marano" 1119 LiberFidei p. 236 - 237
- "alium casalem de Viariz ubi moratus fuit Salvator" 1199 CatDocSantiago p. 223
Moderna
Cognados e topónimos relacionados
No concello do San Amaro, na mesma comarca, está a parroquia de Beariz. No concello de fala galega de Corullón (provincia de León) atopamos Viariz. Do mesmo étimo proceden os nomes dos lugares de Virís, nos concellos de Cerceda (Co) e Pantón (Lu); e tamén o nome das freguesías de Viariz (concello de Baião, Portugal) e Beiriz (antiga freguesía da Póvoa de Barzim, Portugal).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org