Subproxecto 1
Toponimia de Galicia e Portugal
O subproxecto “Toponimia de Galicia e Portugal” articúlase en dous equipos, o de Galicia e o de Portugal, con cadansúa delimitación territorial e lingüística (galego e portugués).
Para esta primeira fase estudiaranse 444 topónimos galegos e 100 portugueses, entre os cales se encontran macrotopónimos (en Galicia, concellos do Nomenclátor oficial de 2003), corónimos, orónimos, hidrónimos e talasónimos.
Para a escolla procurouse a súa representatividade lingüística e xeográfica. A aparente desproporción entre o número dos nomes galegos e os portugueses atende á enorme densidade toponímica de Galicia: como é sabido, cun 6% do territorio español, contén case o 35% das entidades de poboación do nomenclátor oficial; no que toca a Portugal, supera nuns dez mil o número total de núcleos nos nomenclátores respectivos.
Topónimos destacados do grupo
Forma de cita:
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proxecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org