Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

LAURENTIUS

LAURENTIUS

Latino
Onomástica » Deantroponímico » Nome persoal

O nome latino Laurentius é un derivado de laurus 'loureiro' (KajantoCognomina), formado sobre o modelo dos signa en -entius, como Vincentius, Florentius, etc. (PielPossessores). Difundiuse entre os cristiáns polo culto ó santo do século III, dos máis antigos no culto hispánico. Así, hai numerosos topónimos que proceden deste nome persoal, tanto a partir da sufixación en -ANA (gal. Lourenzá, esp. Lorenzana), coma do xenitivo, LAURENTII (gal. Lourente, esp. Lorente, Llorente) ou do propio haxiónimo (gal. San Lourenzo, port. São Lourenço, esp. San Lorenzo, arag. Sant Lorient, cat. Sant Llorenç). Tamén deu orixe a nomes derivados, como co sufixo -INU, que igualmente deixaron pegada na toponimia a partir do xenitivo (gal. Lourentín, port. Lourentim).

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Contribucións: Javier Giralt.

Ana Boullón:
" LAURENTIUS ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 04/11/2023

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

Lugo
Lourente

Castelán

Madrid
San Lorenzo de El Escorial

Catalán

Huesca
Sant Llorenç

Topónimos derivados

-ANA

Lugo
Galego
Lourenzá
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-