Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

*CAUSU

*CAUSU

Latino
Hábitat humano
Log in or register to post comments

O s. couso ten distintos significados no galego común, pero a motivación toponímica parece vir de ‘foxo para cazar lobos’, xa recollido por Sarmiento no séc. XVIII (DdD). Corominas explica o castelán coso como cruzamento entre o s. cursum ‘carreira, curso’ e o participio cautum ‘protexido, coidado’ (DCECH s.v. correr). Gonzalo Navaza propón como étimo causus, que Du Cange (s.v.) vincula co verbo latino CAUERE. O significado oronímico faría referencia a depresións no terreo (Navaza_Fitotoponimia), o que canxa ben co seu significado en galego: "buraco a modo de trampa, que se prepara no monte para cazar animais, sobre todo lobos" (DRAG), o cal tamén xustifica unha motivación toponímica.

 

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" *CAUSU ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 02/04/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

Ourense
Vilariño de Conso
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-