Vilasantar
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo
Resumo xeral
Composto de vila (< lat. VILLA) e Santar, que procede de SENTARII, xenitivo do nome medieval de orixe xermánica Sentarius.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
O termo municipal de Vilasantar creouse en 1836 que pertenceran no Antigo Réxime ao couto de Mezonzo e á xurisdición de Mesía (provincia de Santiago). O nome procede do da parroquia en que se estableceu a casa consistorial. Nesta zona localizábase o condado altomedieval de Présaras, cuxo nome aínda se conserva no dunha parroquia (NavazaConcellosCor).
Información específica de étimo para este topónimo
A forma do xenitivo do nome, Sentarii, experimentou unha asimilación da vogal da sílaba inicial: SENTARII > Sentar > Santar, como demostran as atestacións medievais. O cambio consolidouse a partir do séc. XVI.
A forma castelanizada que figuraba nos nomenclátores modernos, Villasantar, foi restituída á súa forma orixinal, Vilasantar, en 1985.
Documentación histórica
Antiga e medieval
Moderna
- "Santiago de Villasantar" 1500 LSubsidioSantiago
- "Ygleesia de Santiago de Billasantar" 1566 ACS
- "Santiago de Villasantar" 1753 CME-Vilasantar
- "Vilasantar (Santiago de): felig. en la prov. de la Coruña (7 4/2 leg.), dióc. de Santiago, part. jud. de Arzua (3 1/2) y aunt. de sun nombre y del que es cap. ... Pobl.: 15 vec., 100 alm." 1839 DicMadoz.
Cognados e topónimos relacionados
A voz vila é a máis frecuente entre as palabras comúns da toponimia galega: aparece en 885 lugares, tanto nos chamados nomes de posesores, de formación altomedieval (Vilalvite) coma en compostos máis ou menos transparentes: Vilaboa, Vilachá, Vilacova, Vilamaior, Vilaverde, Vilanova... (Boullón_2021).
Do mesmo nome xermánico, Sentarius, proceden probablemente os topónimos Santar (Muras, Ourol, Lu, e Boimorto, Co; en Portugal, en Viseu e Braga), A Ponte Santar (Palas de Rei, Lu), Sandar (Ames, Co) e Cendal (Oleiros, Co).
Tamén cabe a posibilidade de que algún dos topónimos que conteñen e na primeira sílaba proveñan do nome de orixe xermánica *Santarius/*Sandarius (HGNB 231), formados a partir do gót. santh 'verdadeiro'. Cumpriría coñecer as atestacions medievais para comprobalo.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org