Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

*OIAMES

*OIAMES

Prerromano
Hidronimia
Log in or register to post comments

Da raíz indoeuropea *wegw 'húmido, mollar', de onde proceden, con vogal /a/, o antigo islandés vǫkr, acusativo vǫkuan 'húmido', vǫkva 'humidade', hol. wak 'húmido, mollado'; en grao cero, o lat.  ūvidus 'húmido, mollado', ūvor, -ōris 'humidade, ūmeū, -ēre 'humedecerse, ūmor 'humidade, líquido'. Con esta formación relaciónase o tema hidrnímico um-, moi arraigado en Galicia (presente nos ríos Umia e Eume). A partir desta raíz, segundo BascuasHidron_2002: 243, co grao Ø *ugw- puido proceder Ames, segundo parecen indicar as súas atestacións históricas: Oiames, Oyames, Ayames, onde se mantivo a primeira parte do topónimo ata o séc. XVIII. A terminación sería un superlativo en acusativo plural: *Ugiamos ou *Ugiamas, co final relaxado en -es. O seu significado sería 'moi húmido', en consonancia coa súa situación, regado por varios ríos. Pese ao parecido fonético, non ten relación etimolóxica directa cos topónimos próximos A Maía, comarca na que se sitúa, ou con Amio.

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" *OIAMES ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 08/04/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

A Coruña
Ames
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-