Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

GUTA, GUTO

GUTA, GUTO

Xermánico
Onomástica » Deantroponímico » Nome persoal
Log in or register to post comments

O nome persoal está formado polo elemento got-, god-, onde conflúen tres raíces do gótico: gôths ‘bo’, guth ‘deus’ e *guts, *guta ‘godo’ (HGN § 146). Coincide co etnónimo dos individuos procedentes dun dos pobos xermánicos que se introduciron na península ibérica a partir do séc. V. Con todo, a súa presenza nos nomes medievais carece de valor étnico, posto que os nomes de persoa de orixe xermánica tiveron moita difusión e deron lugar a topónimos, maioritariamente a partir da súa forma en xenitivo, entre os séc. VII e XI. Este procedemento foi produtivo, grosso modo, na metade septentrional da península (véxase o mapa en HGN p. 39).

O nome feminino Guta e o correspondente masculino Guto, con distinta declinación (adaptado á segunda declinación latina ou coa xermánica en -o, -one) e con diversos sufixos, deixou numerosos descendentes toponímicos por toda a península: gal. Godoi, Gude, Vilagude, Aldegode, Godón, A Gudiña, Vilagudín, Castrogudín, Penagudín, port. Guda, Vila Godim, Godim, Godinho, port. e cast. Goda, leon. Valdegoda, Andelagodo, Cotagodina, Vitigudino, cast. Castrogoda, Almunia de doña Godina, Palacios de Goda, cat. Bassegoda... (HGN 146.18, 33a, 33b, 33c, 36, 40, 41, 42).

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" GUTA, GUTO ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 07/05/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Castelán

Ávila
Palacios de Goda

Topónimos derivados

-ĪNA, -ĪNU

Ourense
Galego
Gudiña, A
Zaragoza
Castelán
Almunia de Doña Godina, La
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-