Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Golpilleira

Golpilleira

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Idioma do topónimo
Galego

Derivado

VŬLPĒCŬLA » -ĀRIA, -ĀRIU

Resumo xeral

Derivado do latín VŬLPĒCŬLA co sufixo -eira: 'lugar onde hai raposos'.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Aldea da parroquia Santa Mariña do Monte, no concello de San Sadurniño (Co).

Información específica de étimo para este topónimo

Aínda que hoxe xa non existe a palabra golpella 'raposo', debeu ser común na Idade Media, pois deixou bastantes descendentes toponímicos en toda Galicia. Atopamos atestacións do seu derivado golpelleira na Idade Media, desde o séc. X:

  • "per medio de ipso monte ad pena Gati, ad illo porto de Fontano Cauato, ad illa aspera de Golpelarias, ad illa fonte de Paramo" 917 CDCelanova
  • "per carrale antiqua que vadit pro ad Golpelarias" 1057 CTSamos
  • "in territorio sancti [Claudii] de Ravaneta in loco vocato Gulpilleyras" 1289 CDOseira
  • "da dita herdade de Golpelleyras" 1427 CDSEstevoRibasSil
  • "um casar na Golpeleyra" 1473 LTPOseira

Os derivados presentan hoxe sistematicamente o cerre da vogal pretónica en i (Golpilleira) por ir antecedendo a unha palatal (cf. castañeiro, hoxe dialectal > castiñeiro).

Cognados e topónimos relacionados

Hai 15 topónimos en Galicia con este elemento léxico: Golpilleira (este de San Sadurniño e outro en Cospeito, Lu), A Golpilleira (Ortigueira, Co, Baleira, Castro de Rei e Xermade, Lu, e Ourense, Ou), Golpilleiras (Abadín, Lu), As Golpilleiras (Abadín e Castro de Rei, Lu), A Gulpilleira (Curtis, Monfero, Co e O Porriño, Po) e Gulpilleiras (A Fonsagrada, Lu).

En Portugal, Golpilheira (Leiria).

Con  outros sufixos: Golpellás (-ALES), parroquias en Calvos de Randín e Paderne de Allariz (Ou), e lugares nos mesmos concellos. En Portugal, en singular, Golpilhal (Coímbra), e con -ARES: Golpilhares (Coímbra).

Ana Boullón:  "Golpilleira", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 09-05-2025].
Data: 19/04/2025
4869
no-portugues

Coordenades:-8.087139 43.570131

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
ɡolpeˈʎejɾa̝, ɡolpeˈɟejɾa̝
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
Sen datos

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-