Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

MĬXTA, MĬXTU

MĬXTA, MĬXTU

Latino
Valoración

Mixtus 'mesturado' é o participio pasivo de miscere 'mesturar'. Deixou descendentes patrimoniais léxicos no gal. mesto 'denso, espeso' (DRAG), ast. mestu, -a, -o 'Mecío, mezclao. 2 Trupo, coles partícules o elementos que lo formen [mui] xuntos, [mui] apertaos [el borrín, el pelo]. 3 Abondosu, qu’abonda. 4 Enllenu de maleza [un terrenu]" (DALLA), e no cast. mesto 'especie de aciñeira andaluza', mesta ‘aguas de dos o más corrientes en el punto en que confluyen’, ‘conjunto de reses de varios dueños o sin dueño conocido’ ant.,‘junta de pastores y dueños de ganado’ (DCECH s.v.), e tamén na toponimia: gal. As Mestas, Ambasmestas, Augasmestas, ast. Mestas, Les Mestes, Las Mestas, cast. El Mesto, Mesta del Horcajo, e, con derivación, Mestanza, Mestajas, Mestillas, arag. La(s) Mesta(s), El Mesto.

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" MĬXTA, MĬXTU ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 09/04/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

Lugo
Ambasmestas

Topónimos derivados

-ANTIA

Ciudad Real
Castelán
Mestanza
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-