Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

*ECLĒSIA

*ECLĒSIA

Latino
Hábitat humano » Edificacións
Log in or register to post comments

Os resultados hispánicos do latín clásico ECCLĒSIA ('reunión do pobo', 'asemblea dos primeiros cristiáns para celebrar o culto'), procedente do grego, descenden da variante vulgar *ECLESIA (DCECH s.v. iglesia). O ambiente cultural eclesiástico preservounos da deriva popular, de forma que os romances hispánicos mostran distintos graos de evolución, pero en ningún deles a esperable palatalización do grupo -CL-: gal. igrexa, port. igreja, ast. e arag. ilesia, cast. iglesia, cat. església (cat. ribagorzano illésia, esllésia); tamén está presente no eus. eliza. Na toponimia encóntranse diversas variantes da voz común. En orixe designaban as comunidades de crentes, e despois, por metonimia, os lugares consagrados onde se reunían. Con esta acepción concorreu coa palabra basilica, que na península ibérica apenas deixou os topónimos Baselgas en Asturias e dous Baselga en Portugal, en contraste con Francia, onde non é infrecuente (Santamarina_2008: 937).

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Contribucións: Javier Giralt.

Ana Boullón:
" *ECLĒSIA ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 15/04/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

Ourense
Chandrexa de Queixa
Lugo
Eirexalba
Cognados: Eirexa; Airexa; Airexe; Grixa; Gris; Eirixe; Eirixa
Lugo
Satrexas
Cognados: Setefontes; Seteventos; Vintesete; Sete

Castelán

Teruel
Iglesuela del Cid, La
Cognados: Iglesuela del Tiétar, La; Esglésies, Les
Iglesia Rubia
Cognados: Rubio; Royo; Rubial; Rubiales; Ruyal; Ruyero
Madrid
Sieteiglesias
Cognados: Siete Cruces; Siete Fuentes; Siete Praderas; Siete Caminos; Siete Cantos; Siete Encinas; Sinlabajos; Sieteiglesias de Tormes; Siete Iglesias de Trabancos; Satrexas; Secastilla
Burgos
Iglesiarrubia
Cognados: Iglesiapinta

Topónimos derivados

-ŎLA, -ŎLU

Galego

A Coruña
Irixoa
Cognados: Grixoa; Grixó; Eirexúa

Castelán

Cáceres
Herguijuela
León
Grisuela del Páramo
Cognados: Iglesia de Campos; Valdeiglesias; Santibáñez de Valdeiglesias; Guisatecha; Páramo del Sil; Parmu
Teruel
Iglesuela del Cid, La
Cognados: Iglesuela del Tiétar, La; Esglésies, Les

Portugués

Douro Litoral
Grijó
Cognados: Grijó da Parada (Bragança); Grijó de Valadares (S. Pedro do Sul); Grijó de Vale Benfeito (Macedo de Cavaleiros); Igrejó (Barcelos)
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-