Guntín
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Ámbito semántico
Resumen general
De Guntini, xenitivo do antropónimo xermánico Guntinus.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
Guntín cambiou o nome da súa capital por Guntín de Pallares en 1999 (VariacionesMunicipios). Ao concello pertencen as dúas antigas xurisdicións de Ferreira de Pallares e Guntín e Canedo. A primeira estaba composta polas parroquias de Ferreira, Nespereira, Pradeda, Vilaxuste e Vilamerelle, cuxo señorío exercía o mosteiro beneditino de Samos. A segunda formábana as freguesías de Canedo, Mosteiro e Guntín, e exercían o señorío nas dúas primeiras os señores de Gayoso e na última o Conde de Altamira. Ademais, Guntín debe relacionarse co Aquae Quintinae das táboas de Ptolomeo, á súa vez alusivo ás augas termosulfurosas abondosas en San Salvador de Francos (GGRG).
Información específica de étimo para este topónimo
O topónimo Guntín procede dunha (villa) Guntini ou villa agrícola de Guntinus, antropónimo latinizado de orixe xermánica, composto pola voz gótica *gunthi- ‘loita, combate’, e a desinencia -inus, adaptación do sufixo gótico -eins (HGN 145/53).
Documentación histórica
Antigua e medieval
- “Parte per illas Petras de Canton et de tertia parte ad illa Peraria de Oldriti et inde ad Portum de Guntin” 747 TVelloLugo, pp. 25-31.
- “Villa Guntini misimus Guntino” 760 ESagrada, pp. 364-367
- “havitantes in Villa Guntini” 1088-1095 CDLugoCañizares, pp. 25-31.
- “inter Meyxaboy et Guntin sint per ubi dicitur marcus de Spinario et inde ad illo loco, recta linea, usque ad Penna Bornariam” 1229 CDFPallares, pp. 352-353.
Moderna
Cognados y topónimos relacionados
En territorio galego existen outros cognados coa mesma evolución:
- Lugares: Guntín (Os Blancos, Ou; A Cañiza, Po; Carral, Co; Castro de Rei, Lu; Cerceda, Co; A Estrada, Po; Friol, Lu; Gondomar, Po; Lugo, Lu; Monforte de Lemos, Lu; Ordes, Co; Vilalba; Lu) e Guntín de Pallares (Guntín, Lu).
- Parroquias: Guntín (Os Blancos, Ou; Bóveda, Lu; e Monforte de Lemos, Lu), Guntín de Pallares (Guntín, Lu)
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org