Ribadeo
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
Do lat. RIPAM 'beira, ribeira'+ DE + EUBE, esta última forma protorromance do nome do río Eo, que procede probablemente dunha raíz hidronímica indoeuropea.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
Fernando II deulle foro á localidade en 1186. No século XIV pasou do poder reguengo a ser un condado, pertencente desde 1955 á Casa de Alba. Coa constitución de 1812 creáronse os concellos de Ribadeo e Cedofeita (hoxe unha parroquia do concello); o municipio non se consolidou definitivamente co territorio actual ata 1843.
Información específica de étimo para este topónimo
Carlos Búa (Búa_ToponimiaPrelatina: 126-127) considera que algúns outros nomes de ríos parecen provir do xenitivo, a partir de estruturas formadas por un elemento adxacente tipo fons, pons... + xen. De aí Ripa Euue > Riba de Euve > Ribadeuve e, cunha posterior apócope, Ribadeu/Ribadeo, de onde tamén o nome do río, Eo.
Documentación histórica
Antigua e medieval
- "in Riba de Euue" 969 TLourenzá
- "in territorio de Ribadeo" 1186 CDMeira
- "domno Roderico Gómez, tenente Monte Negro et Ribadeuue" 1239 TLourenzá
- "con consello do guardiam de Ribadeu" 1373 CalendMondoñedo
Moderna
- "Juan de Ribadeu, harmero, vezino de la dicha cibdad (Santiago)" 1520 AHUS
- "Libro de ayuntamiento de la billa de Ribadeo" 1640 (Arquivo Municipal de Ribadeo) GalicianaArq
Cognados y topónimos relacionados
Fonteo, lugar e parroquia de Baleira (Lu).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org