Aragunde
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
De ARAGUNDI, xenitivo do nome de posesor feminino Aragundi, de orixe xermánica, composto polas raíces góticas ara- ‘aguia’ e *-gunthi ‘loita’.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
Lugar no situado na parroquia de Catoira, no concello pontevedrés do mesmo nome.
Información específica de étimo para este topónimo
O nome persoal feminino que deu lugar a este topónimo e a outros semellantes está ben atestado no noroeste penínsular desde a Alta Idade Media ata o séc. XIII:
- Aragunti 870 DiplPeriodoAstur 1
- Aragonti 926 CDCelanova
- Aragunte s.XI CDXubia
- "domna Aragunti 1062 Costa_BragaLiberFidei
Documentación histórica
Antigua e medieval
Como topónimo, sen corresponder ó pontevedrés que estamos a tratar, atopámolo desde o séc. IX:
- "de Paratella homines XX, de Monte Roso XX. in Argondi Gundisalvus et progenies cum hereditate eorum, et de Paramo XX" 927 TCelanova [quizais Vilaragonte, parroquia do concello de Paradela, Lu]
- "nostra ratione in Miranda in uilla Aragunti et Cudilani" 969 CDVisLugo [posiblemente referido a Vilaragonte, en Vilalba, Lu)
- "in villa Aragunti" 1030 TSamos [parroquia de Paradela]
- "Territorio Palliares: Villa de Argundi" 1088 TVelloLugo [quizais Argonde, lugar do concello de Lugo]
- "Fernando d'Argonde" (Lugo) 1502 Maia_1986 [lugar do concello de Lugo]
Moderna
Cognados y topónimos relacionados
Comparten orixe etimolóxica os topónimos galegos Argunte (Vedra, Co) Argonte (Carral, Co), Argonde (Lugo, Lu), e, precedidos con vila, Vilaragunte (parroquia e lugar en Paradela, Lu) e Vilaragonte (lugar en Vilalba, Lu).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org