Abadín
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
Procede de ABBATINI, xenitivo do nome persoal Abbatinus, derivado de abbas, posiblemente de inspiración cristiá. Designaba unha propiedade de alguén chamado Abatinus (Piel_1953_RPF).
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
O territorio do actual concello foi unha xurisdición formada polos señoríos de Baroncelle, Costas de Monte e Vilarente. O abade do mosteior de Meira outorgou unha carta de poboación en 1254 ós poboadores da granxa de Vilarente para que formasen concello, coa elección de sete veciños, entre os cales o dito abade nomearía a un alcalde e os demais, xurados. Pertenceu ó cabido da catedral de Mondoñedo ata que este vendeu en 1562 o couto de Abadín á familia Luaces, con xurisdición civil e criminal (GEG). En 1833, ó desaparecer a provincia de Mondoñedo, pasa a depender da de Lugo. En 1999 cambia o nome da súa capital por Abadín ou Provecende (Ant.: Abadín) (VariaciónMunicipios). A parroquia onde está o concello ten o mesmo nome e por advocación, Santa María.
Información específica de étimo para este topónimo
Rexístrase primeiro como sobrenome e como primeiro nome, tamén con flexión de xénero, cunha certa frecuencia desde o séc. XII (aínda que o topónimo tivo que ser xerado antes):
- "Martino Arie, dicto Abbatino, ecclesie Beati Iacobi canonico" 1179 TCSantiago
- "Abadinus" 1191 CDPinario
- "Abbatinus de Vico Nouo" 1192 TToxosoutos
- "Abbatinus capellanus ecclesie Sancti Nicholai" 1202 TSobrado
- "Martinus Abbatinus monachi" 1229 CDMeira
- "Maria Abadina" 1250 CalMondoñedo
Documentación histórica
Antigua e medieval
- "filigresia de Abadin" 1277, "hereditatem de Abbadin" 1287, "clerici de Abbadim" 1302, "yglesia de Abadin" 1488 CalMondoñedo
Moderna
Cognados y topónimos relacionados
Amais deste concello lugués, existe con esta forma un lugar en Vilalba (Lu). É variante Abedín (A Peroxa, Ou), que foi foco do actual apelido Abadín.
En Portugal: Abadim (Cabeceiras de Basto, Braga), Abedim e Badim (ambos en Monção, Viana do Castelo).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org