Pantón
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo, evolución, motivación
Ámbito semántico
Derivado
Resumen general
Pantón é un nome único no Nomenclátor de Galicia. É un topónimo escuro, non temos seguridade sobre a súa orixe etimolóxica. É posible que derive dun nome de posesor moi antigo, Pantonius, formado cunha raíz coñecida, a raíz *Pent-, *Pant , probablemente céltica, equivalente á que está no latín Quintus. O nome Pantonius sería, pois, unha formación antroponímica orixinada nun numeral ordinal referido ó mes do nacemento, a unha serie de irmáns ou algo semellante.
Aspectos históricos e administrativos
Pantón é o nome dun lugar, dunha parroquia e dun concello que, xunto cos de Sober, Monforte de Lemos, O Saviñao, Bóveda e A Pobra de Brollón, conforman a comarca de Terra de Lemos, situada ó sur de Lugo.
O nome do concello de Pantón débese ó da parroquia de Pantón (San Martiño), que ten a súa igrexa ó pé do lugar chamado Pantón de Abaixo. Contiguo á igrexa parroquial está o edificio do convento da Purificación, coñecido na zona como "O Priorato" (O Priorado), onde se reunían probablemente os membros das primeiras corporacións municipais. O convento da Purificación, de monxes dominicos, estivo habitado desde a súa fundación, no ano 1569, ata o ano 1621, cando, a instancias do conde de Lemos, os dominicos o abandonaron e foron funda-lo convento de San Xacinto, en Monforte de Lemos. "La iglesia parroquial fue conocida en lo antiguo por Purificación de Pantón. Es el mejor edificio de su clase entre todos los del distrito; lo costearon los padres dominicos de Monforte, a quienes pertencecía el curato y ejercía un religioso de la orden; hoy es patronato real y eclesiástico". DicMadoz vol. 25. Na mesma fonte, vemos que, no ano 1849 nos 244 lugares do municipio de Pantón había 1.000 casas, "pero no la tiene propia para el ayuntamiento". Actualmente, o concello ten a súa sede no Castro de Ferreira, onde ocupa parte dun antigo pazo reformado que aparece na documentación antiga como "Casa do Castro".
O concello de Pantón está dividido eclesiasticamente en 26 parroquias: Acedre, Atán, Cangas, Castillón, Deade, Eiré, Espasantes, Ferreira de Pantón, Frontón, Mañente, Moreda, Pantón, Pombeiro, Ribeiras de Miño, San Fiz de Cangas, San Vicente de Castillón, Santalla de Toiriz, Santo Estevo do Mato, Següín, Serode, Siós, Toiriz, Toldaos, Tribás, Vilamelle e Vilar de Ortelle.
Pantón cambiou o nome da súa capital por O Castro de Ferreira (antig. Castro) 20/03/1993 (VariacionesMunicipios).
Información específica de étimo para este topónimo
No documento máis antigo en que se atesta, o topónimo xa ten a forma actual: "per Serpentina et pergit per Toldanos usque ad Panton et item ad Castellium" 791 CDPinoMonforte. Con idéntica forma, grafada Pantón ou Pamton, aparece en moitos documentos da colección diplomática do mosteiro de San Salvador de Ferreira datados entre 1278 e 1528.
A escuridade do nome Pantón parece que se aclara algo se o comparamos con outros de Galicia e de fóra dela. No topónimo Pantiñobre, lugar e parroquia de Arzúa (Co), Menéndez Pidal viu un composto co elemento -obre e co antropónimo *Pantinius, nome que, en xenitivo, explica Pantín, parroquia de Valdoviño (Co). En Francia, moi cerca de París, hai unha localidade chamada Pantin (Seine), documentada como Penthinum no século XI. Estes dous nomes, o Pantín de Valdoviño e o Pantin francés, explícanse como derivados dun céltico *Pentos, que correspondería ó lat. Quintus, ordinal e tamén nome persoal. Do mesmo tema serían *Pentilius e un Pantīlĭus que cita Horacio Gaffiot. Tamén Panthus Gaffiot puido ter no latín tardío un derivado en -onis. Solin_Salomies_Repertorium rexistra Pantonius; o seu xenitivo Pantonii explica perfectamente o topónimo Pantón.
Non estraña a existencia de dous diferentes nomes de persoa formados coa mesma raíz pero con distintos sufixos. Así, Piel_Possesores inclúe os nomes Cantinius e Cantonius, que deron orixe, respectivamente, ós topónimos Cantín (Mos, Po) e Cantoña (parroquia en Baños de Molgas, Ou). Do mesmo xeito, cita Săbīnius, [nom propre romain Gaffiot] que produciu o topónimo Sabín (Sedes, Narón) e Sabonius, que orixinou Sabón (Oseiro, Arteixo) e Saboi (Castenda da Torre, Tordoia), todos coruñeses; hai outro Saboi (Angudes, Crecente, Po).
Documentación histórica
Antigua y medieval
- "per Serpentina et pergit per Toldanos usque ad Panton et item ad Castellium" 791 CDPinoMonforte.
- "villas II in Panton in Lemabus, quas dedit Ero Pelaiz" 1091 TSamos p.55.
- "in Lemus, apud Panton" 1215 [Carta expedida por Afonso IX; tomado de Ares_TopGal p. 1308.
- "Iohannes de Roda, prelatus de Panton" 1274 CDOseira doc. 1074.
- "Iohán Pérez do Pamton" 1278, "su o sigño de San Martin de Pantón" 1300 CDF_Pantón doc. 23 e 29, respectiv.
- "Martin Migueleσ de Panton" 1302 Doc_Sponer doc. L54.
- "su u sigño de San Martino de Pantón" 1309, "Iohán Ramos de Pantón [e] Diego Ribella de Pantón" 1320, "Marina Díaz de Pantón [...] suu signo de San Martino de Pantón" 1324 CDF_Pantón doc. 35, 38 e 40, respectiv.
- "a miña leyra do Lodeyro, que iaz en Pantom, na veyga de Villar [...] suu sigño de Sant Martino de Pantom" 1270-1324 CDF_Pantón doc. 41.
- "o nosso casar da Costa, que est en Pantom, su o signo de santa Maria de Panton" 1331, "a qual eherdade jaz en o Castro da Ribeira, su o signo de san Martino de Panton" 1370 CDPombeiro doc. 41 e 47, respectiv.
- "Eynes Peres da Costa de Panton, muller de Martin Peres de Palmelle" 1359, "Arias Garçia, clerigo de Panton" 1376, "sub signos de San Romao de Moreda [...] et de San Martino de Panton 1379 DocCatLugo_XIV doc. 628 e 749 e 795, respectiv.
- "sub siño de San Martino de Pantón" 1399, "Gómez Eanes de Pantón" 1403, "Domingo Balugo, morador en Pantón [...] Ares Fernandes, notario público ennos coutos de Pantón" 1404, "Johán Ferrandez d'Eyrẽẽ, notario público ennos coutos de Pantón por Pero Díaz de Cadórnega" 1410, "Pero Afomso de Moreda, notario público ennos coutos de Pantón por García Díaz de Cahórnega" 1412, "Johán Crismente de Vilar, veziño de Pantón" 1413, "Ares Ferrnandez de Pantón, alfayate" 1418, "Pero Vasquez de Pantón, clérigo" 1419, "Tereiga Yanes d'Outeiro de Pantón" 1427 CDF_Pantón doc. 84, 93, 99, 111, 116, 121, 139, 141 e 153 respectiv.
- "Gonçaluo Martins, morador ao Outeiro de Pantom" 1421 CDPombeiro doc. 103.
- "Frey Juan de Panton" 1422 CDSDomingosViveiro doc. 45.
- "sub signos de santa Maria de Ferreira e de san Martino de Panton" 1430, "Garçia da Carreira, morador que agora sõõdes en no couto de Panton" 1437 CDPombeiro doc. 125 e p. 200, respectiv.
- "Fernando de Pantón, lazerado" 1433 PadrónsOurenseXV 42
- "Afonso Conde, notario público enna administración de Val de Ferreira e couto d'Eyrẽẽ e dos coutos de Pantón e de Moreda e dos Castillós" 1435 CDF_Pantón doc.167.
- "o noso lugar da Costa de Panton" 1437 CDPombeiro doc. 135.
- "Roy Vasquez de Pantón" 1441, "enos coutos de Moreda e dos Castillóns e de Pantón e de Val de Ferreira" 1449, "rendas dos Castellones e dos coutos de Panton " 1449, "Rodrigo de Miralde morador en Panton" 1449 CDF_Pantón doc.173, 180, 182 e 225 respectiv.
- "Diego Ares, clérigo de San Martiño de Pantom" 1456 CDF_Pantón doc. 187.
- "Afonso da Costa et Fernando da Costa [...] moradores en a Costa de Panton et en Outeiro de Panton" 1461, "Afonso Conde notario publico en a armistraçon de Ferreyra et couto d'Eyree et coutos de Panton" 1461 CDPombeiro doc. 202 e 209, respectiv.
- "Diego Ares, clerigo reutor da yglesia parrochial de Sant Martyno de Panton" 1462 DocCatLugo_XV p. 301.
- "Alvaro Ferrnandez de San Cosmede, notario público enna amistraçón do Val de Ferreira e couto d'Eyree e coutos de Pantón" 1461, "Gonçalvo Ribela de Pantón" 1471 CDF_Pantón doc. 191 e 194 respectiv.
- "Afonso Conde, notario publico en na administraçon do Val de Ferreira et couto de Poonbeiro et de Eyree, et couto de Panton et de Moreda et dos Castillons" 1472, "su o sino de san Martino de Panton" 1482, "a meted do meu lugar e casal do Outeiro de Pantom [...] sus sinos de san Martino de Panton" 1492 CDPombeiro doc. 235, 252 e 280, respectiv.
- "Gregorio de Pantón" 1495 CDF_Pantón doc. 213.
- "Diego Velon, et Vasco Rodrigues de Panton, clerigos de la diocesis de Lugo" 1497 DocCatLugo_XV. p. ???
Moderna
- "Pedr'Ares de Pantón e Diego Ares, criado da señora abadesa [...] E eu Alvaro Pereσ de Pantón, notario púplico [...] en el dicho mosterio e casa por la señora abadesa" 1513, "Afonso Rodríguez de Pantón, fillo de Garçía Alonso e de Costança Rodríguez" 1526 CDF_Pantón doc. 218 e 222, respectiv.
- "Coto de Pantón" 1564 AHUS.
- "Conbento de nuestra señora dela purificación de Pantón" 1575 ACS.
- "Convento de Santo Domingo de Pantón contra el reverendo arzobispo de Santiago" 1593 AHUS.
- "San M(arti)ño de pantón, obispado de Lugo" 1612 ACS.
- PANTON: l. en la prov. de Lugo, ayunt. y felig. de San Martin de Panton (V.). POBL.: 31 vec., 432 alm. DicMadoz vol. 25, p. 674.
- PANTON: l. en la prov. de Lugo, ayunt. de Panton, felig. de Santiago de Cangas (V.). POBL.: 7 vec., 35 alm. DicMadoz vol 25, p. 674. ERRO
- PANTON (SAN MARTIN DE): felig. en la prov. y dióc. de Lugo (9 leg.), part. jud. de Monforte (1 1/4) y ayunt. del que es cap. SIT. sobre las márgenes del r. Carabelos. [...]se compone de los l. de Aldea de Abajo, Aldea de Arriba, Aguas Santas, Costa, Curro, Folles, Outeiro, Panton, Regueiro, Souto, Verdeal y Vilar, que reunen 80 CASAS. [...] POBL.: 89 vec., 446 alm. DicMadoz vol 25, p. 675.
- PANTON: ayunt. en la prov. y dióc. de Lugo (9 leg.), aud. terr. y c. g. de la Coruña, part. jud. de Monforte (1 1/4). SIT.: entre los r. Sil y Miño. [...] se compone de las felig. de Acedre, San Roman; Atan, San Estéban; Cangas, Santiago; Cangas, San Pedro; Castillon, Santiago; Castillon, San Vicente; Deade, San Martin; Eiré, San Julian; Eiré, San Miguel; Espasantes, San Estéban; Ferreira, San Martin; Fronton, San Juan; Mañente, San Mamed; Mato, San Estéban, Moreda, San Roman; Panton, San Martin (cap.); Pombeiro, San Vicente; Ribas de Miño, San Andrés; Sequin, San Andrés; Serode, San Julian; Siós, San Martin; Toiriz, Sta. Eulalia; Toiriz, Sta. Maria; Toldaos, San Juan; Tribas, San Martin; Vilamelle, San Ciprian; y Vilar de Ortelle, Santiago, que reunen 1,000 CASAS en 244 l. pero no la tiene propia para el ayunt. La cárcel se halla deteriorada y en la felig. de Pombeiro. [...] POBL.: 958 vec., 4.790 alm. DicMadoz vol. 25, p. 674-675.
Paisaje toponímico próximo
- Pantón de Abaixo, lugar da parroquia de Pantón (San Martiño). Nel está situada a igrexa parroquial acaroada a unha casa en que se reunía a corporación municipal, por iso deu nome ó concello.
Cognados
- Pantín, parroquia do concello coruñés de Valdoviño. O topónimo procede do xenitivo do nome persoal *Pantinius. Está atestado como complemento onomástico xa coa forma actual desde a Idade Media: "testa na herdade de María de Pantín" 1314; "testa na outra herdade que ora ten María de Pantín" 1346 CDPedrosoTrasancos doc. 253 e 256, "Diego Martines de Pantin, procurador do dito Nunno Freire" 1407 CDCatMondoñedo doc. 232.
- Pantiñobre, lugar e parroquia do concello de Arzúa (Co), parece formado co mesmo antropónimo seguido do elemento -obre, relacionado coa palabra céltica briga 'altura, monte'. Vid. MPidal_1946 e "Sobre los nombres toponímicos gallegos en -obre y sus afines" en MoralejoTopGallega p. 49-83.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org