Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Caldas de Reis

Caldas de Reis

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

CALĬDAS
Latino
Hidrotoponimia » Fonte
RĒGE
Latino
Hábitat humanu » Profesión o cargo

Resume xeneral

Composto polo latín CALĬDAS (referido ás augas termais da vila) e REX, nominativo en vez de acusativo, coa mesma evolución ca SEX > seis. 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello tivo como capital desde 1836 a vila de Caldas de Reis; así se chaman tamén dúas das súas parroquias. Deu nome tamén á comarca de Caldas. 

Ás oito parroquias iniciais sumóuselle en 1894 a de Saiar, que deixou de ser concello independente. Ten unha entidade menor, Arcos da Condesa.

 

Información específica d'étimu pa esti topónimu

Foi identificada con Aquis Celenis na vía XIX do Interario de Antonino, que tamén fai referencia a unhas augas termais.

A segunda parte pode proceder de ser o lugar de nacemento de Afonso VII de Galicia e León (1105), fillo da raíña dona Urraca e de Raimundo de Borgoña, según se conta na tradución galega da Crónica xeral e da Crónica de Castela: "naçeu en Galiza en hũu lugar que dizẽ Caldas de Rreis, et criarõno en Galiza o arçebispo [don] Diego, que foy o primeyro arçebispo de Sanctiago desque a prouĩça de Merida foy mudada a Sanctiago, et o conde dõ Pedro de Caura" Lorenzo_TradGalCrónica 287. Aparentemente, iso é o que explica a anomalía de proceder do nominativo, REX, en vez do usual acusativo (REGE); así parecen tamén indicalo as atestacións antigas.

Tamén se ten atribuído a ser vila reguenga durante a Idade Media, antes de pasar ao control do arcebispado de Santiago (Hermo: 2011 Tenza1CatSantiago 219)

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • "in uilla que dicitur Caldas de Rex" 1214 HistoriaCatedralSantiago, vol. 5, 30-33.
  • "villa que Caldas de Rex uulgariter appellatur" 1218 TBSantiago
  • "Fernandus Iohannis de Caldas de Rex" 1245 DocArmenteira 227-228.
  • "apud Caldas de Reys, in atri ecclesie beati Thome" 1264 TBSantiago 460-3.
  • "Santa María de Caldas de Reis" 1365 DocDevOurense 96
  • "Fernán Bogallo, notario público jurado de Caldas de Rrex e de Salnés" 1386 THSantiago 52
  • "notario ppublico jurado do couto de Nogueyra τ de Caldas de Rey τ de terra de Salnes" 1403 Maia_1986 235.
  • "juis da villa de Caldas de Rex" 1434 MinNotPontevedra 134.

Moderna

  • "villa de Caldas" 1607 MemoriasHoyo 445
  • "villa de Caldas", "Jurisdición de Caldas de Reies" 1752 CME-Caldas de Reis p. 646 

Cognaos y topónimos rellacionaos

En Galicia hai máis localidades chamadas Caldas, coa mesma motivación: parroquia de Santiago de Caldas (Ourense) e aldeas en Arteixo (Co) e Vilalba (Lu), e tamén As Caldas na Caniza (Po) e no Carballiño (Ou). O diminutivo Caldelas está en dous concellos: Ponte Caldelas (Po) e Castro Caldelas (Ou), amais de noutros cinco lugares. Tamén existe Caldeliñas (Verín, Ou).

A segunda parte está presente nos compostos Nantes de Reis (Meaño, Po), Outeiro de Reis (Agolada, Po) e Vilarreis (Meaño, Po). Como forma illada, dá nome a dous lugares, no Vicedo (Lu) e en Sanxenxo (Po).

O singular aparece nos nomes dos concellos lucenses Palas de Rei, Outeiro de Rei e Castro de Rei e mais en 25 lugares das catro provincias galegas.

Ana Boullón:  "Caldas de Reis", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Fecha: 07/04/2024
2650
no-portugues

Coordenadas: -8.64403 42.605565

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Ensin provincia
Pontevedra
Población
9.678 (2022)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

Caldense

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
Caldas
766 ocurrencias
Fonte: CAG

Os apelidos da comarca de Caldas proceden sen dúbida deste topónimo.

 

Caldas
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-