Mámoa, A
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimu
Ámbito semántico
Resume xeneral
Do latín MAMMŬLA, diminutivo de MAMMA 'mama'. Refírese ós montículos de terra que adoitan conter un túmulo funerario da época megalítica.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
Pertence á parroquia de Carreira, no concello de Ribeira (Co).
Información específica d'étimu pa esti topónimu
A partir da metáfora oronímica inicial, 'mamiña', en Galicia desenvolveuse un sentido específico: "sepulcro prehistórico da época megalítica, formado por un dolmen cuberto por un montículo de terra de planta circular e de arredor de cinco metros de altura" (DRAG). É unha das palabras do noroeste hispánico atestada desde máis cedo, usualmente como referencia espacial:
- "Mamula de Gutilanes" 572 Costa_BragaLiberFidei,
- "ad mamula de Uillare" 921 CDSEstevoRibasSil.
- "poserunt suos pedes per terminum de ipsa cumbrada de Vessada, et vay ad illo carbalio et vai ad illa mammona qui estrema" 1097 CDMelón
A de Ribeira, siguada entre as paroquias de Ribeira e Carreira, puido cumprir esta función, segundo Cabeza Quiles (TopRibeira p. 96). Segundo o mesmo autor, a mámoa que dá nome ó lugar aínda existe na actualidade, situada preto dun microtopónimo chamado "Camposanto dos Mouros".
.
Documentación histórica
Moderna
- Mámoa 1754-1755 Sarmiento_Viaje1754
- "lugar da Mámoa" 1763 CMEComprob
Paisax toponímicu de la rodiada
Na parroquia de Palmeira, no mesmo concello, existe o lugar Modorróns, aumentativo de medorra, que ten o mesmo significado ca mámoa. Non obstante, Cabeza Quiles pensa que neste caso designa 'dunas', pois está construída practicamente enriba do areal costeiro (TopRibeira 99).
Cognaos y topónimos rellacionaos
En Galicia hai doce lugares chamados A Mámoa nas provincias da Coruña (3), Lugo (6) e Pontevedra (3), amais do composto Mámoa Alba (Cerdedo, Po). Tamén tres As Mámoas (dúas na Coruña e unha en Lugo).
En Portugal rexístrase Mámua (Viana do Castelo).
Tamén hai derivados diminutivos: Mamoela (2, Po), Mamoelas (Lu, Po), As Mamoelas (A Bola, Ou) e en Portugal Mamuela (Braga).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org