Triacastela
Tipoloxia o caracterització xeogràfica
Étimo
Resum general
Do latín tria castella 'tres castros pequenos', declinado como plural neutro.
Aspectes geogràfics, històrics, administratius
Amais de concello, parroquia e núcleo, é tamén nome dun arciprestado da diocese de Lugo, que abrangue parte do propio concello e do de Pedrafita do Cebreiro. Ordoño II confirmou en 919 diversas donacións a un mosteiro dedicado a san Pedro e san Paulo neste territorio, pero no ano 922 dóao á igrexa compostelá. Cobrou importancia na Idade Media por ser un lugar importante de paso das peregrinacións a Santiago. O rei Afonso VIII (dito IX na historiografía castelá) renovou a poboación en 1228 con diversas doazóns chamándolle Triacastella nova, en contraste coa actual Vilavella, outra parroquia do concello (Ares Vázquez 2013). Segundo Nicandro Rielo (GEG s.v.), o nome procede de tres castros moi próximos á vila e que aínda se manteñen en pé: Triacastela, Lagares e Santo Hadrián.
O nome actual, Triacastela, pórtao desde 1887. Anteriormente figuraba erroneamente no nomenclátor como Triancastela (Variaciones).
Información específica de étimo para este topónimo
É un caso inusual na toponimia galega por proceder do plural neutro (TRIA CASTELLA). O numeral declínase como neutro (TRIA) para concordar co substantivo. O resultado habitual é tres < acusativo TRES. No substantivo, o resultado habitual procede do acusativo singular: castelo < CASTELLUM.
Documentació històrica
Antiga i medieval
- "Tria Castella ecclesias" 911 TVelloLugo 8r-8v
- "confirmamus locum monasterii tibi sancto abbati uocabulo Sanctorum Petri et Pauli, quod fundatum est in territorio Triacastelle in prouincia Gallecie" 919 TASantiago 8va-vb.
- "monasterium cum ecclesia sanctorum apostolorum Petri et Pauli, que est in finibus Gallecie locum nominatum Triacastella" 922 TASantiago 10va.
- "territorio Triacastella" 969 TSamos 64r-64v.
- "ecclesia nostra que sita est in burgo Triacastelle redeuntibus a sancto Iacobo a parte meridiana" 1150 TSamos 64v-65r.
- "facta carta in Triacastela" 1211 TBSantiago 59r
Moderna
- "Triacastela: [...] Pobl.: 367 vec., 1.834 almas" 1849 DicMadoz, tomo 10.
Cognats i topònims relacionats
En galego hai outro descendente do neutro de TRES: Triabá (< TRIA VADA), parroquia no concello de Castro de Rei (Lu) e que se repite nun lugar no concello pontevedrés de Barro.
Presentan o numeral tres os lugares As Tres Casas (Sobrado, Co) e Tresaldeas (Cerdedo, Po). A falta de máis información, non podemos determinar se tamén está en A Vila de Tres (da cal di Nicandro Ares_TopGal que pode vir do xenitivo do antropónimo latino Tresius / Thresius), O Tres (Vilarmaior, Co), ou Astrés (parroquia de Vilar de Astrés, concello de Ourense),
Tamén se rexistra algún outro caso doutro plural neutro: Zanfoga < CEN FOCA, seis lugares situados nos concellos coruñeses de Vilasantar, Coristanco, Mazaricos e A Laracha e nos lugueses de Sarria e Pedrafita do Cebreiro (neste último é tamén parroquia).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org