TĪBŬROS
Prerromano
Onomàstica » Detoponímico » Gentilicio
Dunha forma prelatina tībŭros, testemuñada por Ptolomeo (II, 6, 36) como unha etnia dos Astures Augustani. Segundo Bascuas_2006 (98-99), é un derivado da raíz hidronímica indoeuropea *ta 'derreterse, fluír', con vogal radical i (*ti) e alongamento *-b(h)-, formando, por tanto, unha base *tīb(h)-, á que se lle engade un sufixo -ro-, presente tamén no nome do río Tebra, afluente do Miño e nome de dúas parroquias de Tomiño (Po). Este autor considera verosimil que o nome étnico se referise a unha realidade xeográfica, conforme á tendencia máis común dos étnicos prerromanos, quizais a algunha zona lamacenta da zona entre os ríos Navea e Bibei onde se sitúa o topónimo.
Redacció: Ana Boullón
Ana Boullón:
"
TĪBŬROS
",
en Toponomasticon Hispaniae, projecte integrat en el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 02/11/2022