LAURENTIUS
O nome latino Laurentius é un derivado de laurus 'loureiro' (KajantoCognomina), formado sobre o modelo dos signa en -entius, como Vincentius, Florentius, etc. (PielPossessores). Difundiuse entre os cristiáns polo culto ó santo do século III, dos máis antigos no culto hispánico. Así, hai numerosos topónimos que proceden deste nome persoal, tanto a partir da sufixación en -ANA (gal. Lourenzá, esp. Lorenzana), coma do xenitivo, LAURENTII (gal. Lourente, esp. Lorente, Llorente) ou do propio haxiónimo (gal. San Lourenzo, port. São Lourenço, esp. San Lorenzo, arag. Sant Lorient, cat. Sant Llorenç). Tamén deu orixe a nomes derivados, como co sufixo -INU, que igualmente deixaron pegada na toponimia a partir do xenitivo (gal. Lourentín, port. Lourentim).
Redacció: Ana Boullón
Contribucións: Javier Giralt.