Carballo
Tipoloxia o caracterització xeogràfica
Étimo
Ámbito semántico
Derivat
Resum general
O nome de lugar de Carballo vén dunha forma *carbalio con base na voz prelatina carba (DCECH s.v. carba).
Aspectes geogràfics, històrics, administratius
Carballo constitúe o centro reitor da comarca de Bergantiños e a cabeceira do Partido Xudicial de Carballo, composto polos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso, os mesmos que conforman a comarca.
No ano 1814 o concello trasladouse da parroquia de Sísamo a Carballo e o 4 de setembro de 1836 xura a Constitución de 1812 (GEG). Os rexistros antigos reflicten que o municipio puido terse chamado Os Baños ou Caldas en alusión aos baños vellos (houbo os baños novos, hoxe soterrados baixo a Praza da Cruz Vermella) (CabezaQuiles_2021)
Información específica de étimo para este topónimo
O topónimo Carballo vincúlase co substantivo galego carballo “(quercus robur) árbore caducilofia da familia das fagáceas, de gran tamaño, cerna moi dura, copa ampla, follas glabras con lobos, flores masculinas en amentos e femininas terminais, que ten como froito a landra sobre un longo pedúnculo” (DRAG). Provén dunha forma *carvalio con base na voz prelatina carva ‘tropeza, renovo de carballo, carballo miúdo, monte baixo preferiblemente de carballo’ (DCECH s.v. carba). Este fitónimo atéstase con frecuencia nos textos medievais e as máis antigas documentacións teñen sentido toponímico, a miúdo como unha referencia espacial necesaria para a localización dos lugares:
- "Ecclesia Sancti Iuliani de Carualio ~ Carballio riuulo discurrente Salaonia" 747 DiplPeriodoAstur
- "usque ad Fervenza in Toka, per illo karvalio usque in Pando" 1068 TSamos
- "alias terras qui stant iusta Carvalio" 1075 TCelanova
- "ad montem Aloie ubi fuit ciuitas antiquitus condita et ubi sunt reliquie sancti Iulani reposite et inde ad pedem de Carbalio" 1095 DocUrraca
- "poserunt suos pedes per terminum de ipsa cumbrada de Vessada, et vay ad illo Carbalio et vai ad illa mammona qui estrema" 1097 CDMelón
- " Et inde a Carvalio de Fructoso" 1117 DocCaaveiro.
A antiga presenza de carballos no lugar de Cernide, onde puido estar o carballo perpetuado no nome da parroquia e da vila de Carballo, motivou o nome do concello. Aínda que polo xeral os lugares así designados adoitan estar motivados polo valor referencial que se lle concedeu a unha única árbore, o municipio de Carballo caracterizouse (e caracterízase) por unha forte presenza desta especie (Cabeza Quiles 2021).
Documentació històrica
Antiga i medieval
- “Sancti Johanne de Carballo” 1410 Mosteiro de Soandres.
- “estando dentro de la iglesia del coto y jurisdición de San Juan do Carballo” 1574 Archivo de la Real Chancillería de Valladolid PARES
Moderna
Paisatge toponímic proper
No mesmo concello están os lugares Carballedo, As Carballeiras e, coa raíz latina, O Reboredo (< ROBORETU) e Rebordelos (< *ROBORETELLOS).
Cognats i topònims relacionats
No territorio galego existen 94 lugares que conteñen a palabra Carballo, con ou sen artigo, en singular ou en plural ou en composición. Ademais, consta a variante Carballa (e o plural Carballas), así coma outros derivados: Carballal (pl. Carballás), Carballeda(s)/Carballede/Carballida/Carballediña/Carballedo/Carballido/Carballidiño, Carballeira, Carballiño/Carballín, Carballizos, Carballude. En total, son 439 lugares, amais de 17 parroquias e 5 concellos: Carballo, O Carballiño, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras e Carballedo.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org