*CARAMBA
Prerromano
Hidronímia
Está composto pola raíz kar- 'pedra' e o tema, quizais celta, amba 'auga', como demostra Bascuas (Bascuas_Amba, páx. 89 e ss.). Deste étimo proveñen as voces galegas caramba ou carambo, carambelo, caramelo 'capa de xeo que se forma sobre a superficie da auga', 'xeo que queda colgando cando a auga cae desde unha altura' e outras variantes en que se dá ou non a redución mb > m, os dous resultados posibles. Tamén proceden o castelán caramba, carámbano e caramelo; o asturiano carambelu; e o catalán caramell; e o aragonés carambelo, carambel e caramelo. Descártase polo tanto a hipótese de Corominas (s.v. carámbano), o latín vulgar *calamǔlus, diminutivo de călămus 'cana' para estas palabras.
Redacció: Luz Méndez
Luz Méndez:
"
*CARAMBA
",
en Toponomasticon Hispaniae, projecte integrat en el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 05/09/2024